Acteón
Acteón é un personaxe da mitoloxía grega.

A morte de Acteón, Tiziano.
Fillo de Aristeo e Autónoe, era un cazador de Beocia. Cando Artemisa se estaba a bañar espida nun bosque preto da cidade de Orcomeno, Acteón viuna por casualidade, detívose e quedou fascinado pola súa beleza. Artemisa, ao se dar de conta, converteuno nun cervo e enviou aos seus propios cans para que o devorasen.
![]() |
Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |