Abrir o menú principal

Higinio Fernández de la Vega Pasarín

Higinio Fernández de la Vega Pasarín, nado en Castroverde en 1862 e fiando o 7 de xullo de 1948[1], foi un notario e escritor galego.

Higinio Fernández de la Vega Pasarín
Nacemento1862
 Castroverde
Falecemento7 de xullo de 1948
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de José Fernández de la Vega e irmán de Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín. Cursou o bacharelato no Instituto de Lugo e estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1886. Colaborou en El Regional e El Norte de Galicia. Exerceu a avogacía en Castroverde, onde foi xuíz municipal. E 1889 pasou a administrador de Rendas pública de Ribadeo. En 1895 ingresou no corpo de notarios, e foi notario no concello de Friol. Baixo o pseudónimo de Pepe das Festas ou ben coa súa sinatura, publicou múltiples poemas en A Monteira e outras publicacións. Casou con Ángela Pardo Saavedra e foi pai de Celestino Fernández de la Vega.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en La Noche, 7-7-1950, p. 6.

Véxase taménEditar