Heterodontiformes

Heterodontiformes
(Heterodontiformes)
Tiburóns cornudos

Rango fósil: triásico temperán - actualidade [1]

Tiburón de Port Jackson
(Heterodontus portusjacksoni)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Heterodontiformes
L. S. Berg, 1940
Familia: Heterodontidae
J. E. Gray, 1851
Xénero: Heterodontus
Blainville, 1816
Especies
Véxase texto

Os heterodontiformes (Heterodontiformes) son unha orde de condrictios elasmobranquios selaquimorfos,[2] coñecidos vulgarmente na bibliografía como tiburóns cornudos.

A orde inclúe unha soa familia, a dos heterodóntidos (Heterodontidae), cun só xénero actual, Heterodontus, que reúne nove especies.

Características

editar

Os heterodontiformes son tiburóns moi primitivos de pequeno tamaño, de tan só 165 cm de lonxitude como máximo. Posúen dúas aletas dorsais, cada unha provista dunha espiña; e presentan aleta anal. Tieñen cinco fendeduras branquiais e os espiráculos son pequenos. Os ollos carecen de membrana nictitante. Os nostrilos están conectados coa boca por un profundo suco. Os dentes anteriores son pequenos e cuspidados, e os posteriores anchos e molariformes (en forma de moa). O morro é moi curto e arredondado.[3]

Historia natural

editar

Habitan polo regular entre os 2 e os 150 m de profundidade, en arrecifes, bosques de algas, rochas e cavernas. A maioría son nocturnos, permanecendo pouco activos durante o día. Aliméntanse no fondo. Son agresivos, xa que poden morder se se os agride. Son ovíparos; os ovos están envolvidos nunha gran funda espiral. Na cópula, o macho morde á femia até que esta o acepta.

Distribución

editar

Viven en augas temperadas e cálidas do océano Índico e o oeste do Pacífico. Ausentes no Atlántico.[3]

Taxonomía

editar

Os heterodontiformes inclúen unha soa familia, Heterodontidae, con tres xéneros extintos e só un actual:[4]

Especies actuais

editar

Os heterodontiformes inclúen nove especies actuales, todas no xénero Heterodontus:[5]

  1. Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)". Bulletins of American Paleontology 364: p.560. Arquivado dende o orixinal o 10/05/2012. Consultado o 13/11/2012. 
  2. Froese, Ranier e Daniel Pauli, eds. Heterodontiformes. FishBase. Versión de 7 de xaneiro de 2010.
  3. 3,0 3,1 Froese e Pauli, Op. cit.
  4. Mikko's Phylogeny Archive. Heterodontiformes
  5. Lista de especies de Heterodontidae Froese, R. e D. Pauly. Eds. 2009. FishBase. World Wide Web electronic publication. www.fishbase.org, versión (10/2009).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar