Hervé Bazin
Hervé Bazin, pseudónimo de Jean-Pierre Hervé-Bazin, nado en Angers o 7 de abril de 1911 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 1996, foi un escritor francés. Foi presidente da Academia Goncourt dende 1973.
Hervé Bazin | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Jean Pierre Marie Hervé-Bazin |
Alcume | Jean Rezeau. |
Nacemento | 17 de abril de 1911 |
Lugar de nacemento | Angers |
Falecemento | 17 de febreiro de 1996 |
Lugar de falecemento | Angers |
Soterrado | sen etiquetar |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Faculty of Arts of Paris |
Ocupación | poeta, escritor e ensaísta |
Pai | Jacques Hervé-Bazin |
Cónxuxe | Odile Hervé-Bazin |
Premios | Prix Guillaume Apollinaire, Prince Pierre Award, Premio Lenin da Paz, Prix de l'Humour noir, Paulée de Meursault award e grande oficial da Lexión de Honor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu no seo dunha familia burguesa e xa na infancia se opuxo á súa autoritaria nai, fuxindo varias veces na súa adolescencia. Ademais, rexeitou o ensino católico. Cando chegou á maioría de idade, rompeu coa súa familia.
En 1946 fundou a revista poética Le Coquille, da que só saíron oito números. O seu primeiro poemario, Jour, obtivo o premio Apollinaire. Tras publicar varios poemarios decántase pola narrativa por consello de Paul Valéry. A súa primeira novela, Vipère au poing (1948), baséase na relación coa súa nai. A novela tivo un éxito inmenso, ao que seguiron outras, tamén baseadas na súa propia vida e centradas na rebeldía xuvenil e en familias desestruturadas.