Herse (ou en grego Ἕρση), tamén coñecida coma Xúpiter L, e anteriormente coñecida coa designación provisional S/2003 J 17, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta o 8 de febreiro do ano 2003 polos astrónomos Brett J. Gladman, John J. Kavelaars, Jean-Marc Petit, e Lynne Allen.[1][2] Recibiu o nome de Herse ('rexio'), na mitoloxía grega era filla de Zeus e da deusa lunar Selene.[3][4][5]

Herse ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,134 millóns de kms, tarda 672,752 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica , e posúe unha excentricidade orbital de 0,2493.[6] Herse pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.

Notas editar

  1. Daniel W. E. Green, IAUC 8116: Satellites of Jupiter and Saturn Arquivado 05 de maio de 2006 en Wayback Machine. 11 de abril do 2003 (descubrimento)
  2. Brian G. Marsden, MPEC 2003-G19: S/2003 J 17 3 de abril do 2003 (descubrimento e efemérides)
  3. "Planet and Satellite Names and Discoverers". Consultado o 14-10-2010. 
  4. Jennifer S. Blue, L Named Herse Arquivado 12 de maio de 2013 en Wayback Machine., 9 de novembro do 2009
  5. Blue,Jennifer S. (11 de novembro de 2009). "Satellite of Jupiter". IAUC 9094 (en inglés). (require subscrición (?)). 
  6. Planetary Satellite Mean Orbital Parameters, JPL

Véxase tamén editar

Outros artigos editar