Herodes
Herodes o Grande, nado en Ascalón o 74 antes de Cristo e finado en Xerusalén o 4 antes de Cristo, foi rei dos xudeus e unificou Galilea e Xudea e reconstruíu o Templo de Xerusalén.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Traxectoria
editarFillo dun idumeo e dunha nabatea, en realidade era un palestino de cultura helenística dedicado ao servizo de Roma, que dominaba Palestina dende que fora conquistada por Pompeio (63 a. C.).
Herodes foi nomeado primeiro gobernador de Galilea e posteriormente tetrarca para dirixir as relacións de Roma cós xudeus; pero tivo que fuxir ante o ataque dos partos, que apoiaban no trono a Antígona, a última raíña da dinastía dos Asmoneos ou Macabeos, representante da resistencia xudía contra a dominación política e cultural do Occidente grecorromano.
No ano 40 a. C., o Senado romano nomeou a Herodes rei dos xudeus por indicación de Marco Antonio, co encargo de recuperar Xudea de mans de Antígona. Combateu contra ela durante tres anos ata que conquistou Xerusalén e a decapitou.
Polo demais, Herodes foi un rei hábil: soubo eludir a súa participación na batalla de Actium, o que permitiu que Augusto o mantivese no trono despois da súa vitoria, cunha autonomía política practicamente total a pesar de ser o vasalo do Imperio; defendeu eficazmente o reino fronte aos ataques de partos e árabes; construíu cidades e fortalezas; embeleceu a capital; respectou os costumes locais e comezou a reconstrución do Templo de Xerusalén. Dende o 14 a.C. tivo como conselleiro a Nicolao de Damasco.[1]
Ao morrer deixou o reino dividido entre os seus fillos: Xudea, Samaría e Idumea para Arquelao (destituído dous anos despois polo gobernador romano Poncio Pilatos) e Galilea e Perea para Herodes Antipas (o cal, segundo os Evanxeos, eludiu xulgar a Xesuscristo cando llo enviou Pilatos). O neto de Herodes, Herodes Agripa I, foi o último rei que gobernou sobre a totalidade de Palestina e o que, segundo os Feitos dos Apóstolos, fixo encarcerar a san Pedro e condenou a morte a Santiago o Maior. Baixo o reinado do seu fillo Herodes Agripa II estalou a rebelión dos xudeus que levou á destrución de Xerusalén por Tito e a anexión de Palestina a Siria como provincia romana (70 d. C.).
Notas
editar- ↑ Hornblower & Spawforth (2002), p. 282
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hornblower, Simon; Spawforth, Tony, eds. (2002). "Nicolao de Damasco". Diccionario del mundo clásico (en castelán). Barcelona: Crítica. pp. 282–283. ISBN 84-8432-393-5.