Herodes Agripa II

antigo gobernante de Xudea durante a época do dominio romano

Agripa II, nado en 27 e finado en 100, chamado orixinalmente Marco Xulio Agripa (en latín Marcus Iulius Agrippa) foi un antigo gobernante de Xudea durante a época do dominio romano[1][2].

Modelo:BiografíaHerodes Agripa II

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte100 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaXudea Editar o valor en Wikidata
Rei
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor en Wikidata
FamiliaHerodian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisHerodes Agripa I Editar o valor en Wikidata  e Cipros Editar o valor en Wikidata
IrmánsBerenice
Drusila
Mariamne Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Moeda romana de bronce de Herodes Agripa II.

Traxectoria

editar

Bisneto de Herodes o Grande, e fillo de Herodes Agripa I que fora rei de Xudea até a súa morte no 44 (mencionada no Novo Testamento[3]) Agripa II criouse na corte do emperador Claudio, pero debido a que tiña só dezasete anos cando morreu o seu pai, non lle deron o reino que este tiña. Máis tarde, cando morreu o seu tío, o rei Herodes de Calcis, déronlle o seu principado[4]. O rei Herodes de Calcis casou coa irmá de Agripa II, Berenice. Máis tarde Claudio deulle a Agripa II a responsabilidade de nomear ao sumo sacerdote dos xudeus, e cambiou Calcis por algúns principados na Palestina do norte. Agripa II tamén recibiu o título de rei.

Para os lectores do Novo Testamento este rei é máis coñecido polo seu encontro con Paulo[5], a quen recoñeceu estar a piques de facelo cristián, de non ser polas presións políticas e familiares.

En escavacións recentes nos cimentos do Muro das Lamentacións atopáronse moedas acuñadas por Agripa II. Os arqueólogos Ronni Reich e Eli Shukrun conclúen que o muro foi construído por Agripa II, non polo seu avó Herodes o Grande como se cría até o momento.

  1. Rajak, Tessa (1996). "Iulius Agrippa (2) II, Marcus". Oxford Classical Dictionary. Oxford: Oxford University Press. 
  2. Chisholm, Hugh, ed. (1911). "cómpre nome do artigo". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). 
  3. Feitos dos Apóstolos, 12
  4. Agrippa II na jewishencyclopedia.
  5. Feitos 25.13-26.32

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar