Hermenegildo Losada Loureiro

médico e político galego

Hermenegildo Losada Loureiro, nado en Maceira (Covelo) en 1899 e finado en México en 1985, foi un médico e político galego.

Hermenegildo Losada Loureiro
Nacemento1899
Lugar de nacementoMaceira
Falecemento1985
Lugar de falecementoMéxico
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e político
IrmánsMarcelino Losada Loureiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1925. Instalouse en Tui, onde dirixiu o o Sanatario Losada. Foi fundador do Círculo Socialista de Tui. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir a Portugal co farmacéutico Ulpiano Piña. Logo pasou a Francia e dende alí á zona republicana. Instalouse en Valencia onde participou con outros correlixionarios na creación do Grupo de Socialistas Galegos.[1] Foi xefe de sanidade da 11ª Brigada Mixta. Foi xulgado en dous procesos militares, sendo declarado en rebeldía. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1938.[2] Pasou a Francia, onde estivo internado nos campos de concentración de Le Barcarés e Bram.[3] Logo puido exiliarse co seu irmán Marcelino en México, chegando a Veracruz no buque Ipanema en xullo de 1939. En México exerceu a súa profesión co seu irmán e abriron unha clínica médico-cirúrxica na cidade de México. Tamén foi profesor no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón, dirixido por Pedro Martul Rey. En México estivo en contacto co grupo dos socialistas galegos no exilio. Regresou varias veces a Galicia.

Notas editar

  1. El Socialista, 8.531, 31-7-1937, p. 2.
  2. El Compostelano, 3-8-1938, p. 2.
  3. Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar