Henry Armstrong

boxeador estadounidense

Henry Jackson Jr., nado en Columbus (Mississippi) o 12 de decembro de 1912 e finado nos Ánxeles o 24 de outubro de 1988, foi un boxeador profesional estadounidense e campión do mundo que pelexou co nome de Henry Armstrong.

Infotaula de personaHenry Armstrong

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Columbus, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 1988 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAngelus-Rosedale Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano e Pobos iroqueses Editar o valor em Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónVashon High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura166 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivapeso meio-médio (pt) Traducir
peso leve (pt) Traducir
featherweight (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webhenryarmstrong.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0035723 Find a Grave: 1192 Editar o valor em Wikidata

Armstrong foi un dos poucos boxeadores que gañaron en tres divisións diferentes: peso pluma, peso lixeiro e peso wélter. Defendeu o seu título de peso wélter un total de dezanove veces.

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Armstrong naceu como Henry Jackson, Jr. o 12 de decembro de 1912 en Columbus, Mississippi. Era fillo de Henry Jackson Sr., parceiro de orixe afroamericana, irlandesa e nativa americana, e de America Jackson, que dicía ser completamente de sangue iroquesa.[1][2] De neno, Henry Jr. mudouse coa súa familia a St. Louis, Missouri, durante a primeira fase da Gran Migración de afroamericanos do sur rural ás cidades industriais do norte. Alí interesouse no boxeo. Graduouse como estudante de honra no Vashon High School de St. Louis.[3] Máis tarde adoptou o apelido Armstrong como nome de pelexa.

Inicio da carreira editar

Armstrong comezou a súa carreira profesional o 28 de xullo de 1931 cun combate contra Al Iovino, en que Armstrong foi noqueado en tres asaltos. A súa primeira vitoria chegou a finais do mesmo ano, batendo a Sammy Burns por puntos en seis. En 1932, Armstrong mudouse aos Ánxeles, onde perdeu por puntos dous combates a catro asaltos consecutivos contra Eddie Trujillo e Al Greenfield. Non obstante, despois destas dúas derrotas, comezou unha vaga de once vitorias.[4]

En 1936, Armstrong pasou o seu tempo entre Os Ánxeles, a Cidade de México e St. Louis. Algúns opoñentes salientables dese ano foron Ritchie Fontaine, Arizmendi, o antigo campión do mundo Juan Zurita e Mike Belloise.[4] Ao principio da súa carreira loitou nalgunhas pelexas co alcume de Melody Jackson.[5]

En 1937 Armstrong gañou os seus primeiros 22 combates. Bateu a Casanova en tres asaltos, Belloise en catro, Joe Rivers en tres, o antigo campión do mundo Frankie Klick en catro e o antigo campión do mundo Benny Bass en catro.[4] Armstrong recibiu o seu primeiro título do mundo, co título na categoría de 126 libras de peso contra o campión do mundo de peso pluma Petey Sarron no Madison Square Garden. Armstrong noqueou a Sarron en seis asaltos, converténdose no campión do mundo de peso pluma.[6]

Os dous alcumes de Armstrong foron Hurricane Henry e Homicide' Hank.[7]

En 1938, Armstrong comezou a tempada con sete novos noqueos consecutivos, incluíndo un contra Chalky Wright, futuro campión do mundo. A vaga finalmente rematou cando Arizmendi durou dez asaltos antes de perder polos puntos con Armstrong no seu cuarto combate.

Máis adiante o mesmo ano, Armstrong, aínda campión de peso pluma, desafiou a Barney Ross polo título. Máis adiante membro tamén do club dos campións en tres categorías, Ross era entón o campión do mundo de peso wélter. Armstrong, con 133½ libras, derrotou a Ross, de 142 libras, por decisión unánime, engadindo o campionato do mundo de peso wélter ao seu cinto. Armstrong perdeu peso para competir na categoría inferior, e derrotou o campión do mundo de peso lixeiro Lou Ambers nunha decisión dividida. Armstrong foi o primeiro boxeador en lograr o campionato do mundo en tres categoráis diferentes ao mesmo tempo. Decidiu non manter o peso requirido de 126 libras e deixou a coroa de peso pluma vacante.[6]

Defensa do peso wélter editar

Armstrong dedicou os seus seguintes dous anos a defender a coroa de peso wélter, batendo, entre outros a Ceferino García, futuro campión do mundo de peso medio e a Bobby Pacho.

Armstrong defendeu o seu cinto de peso lixeiro nun enfrontamento contra Ambers, que perdeu por decisión despois de quince asaltos. Tras iso, concentrouse de novo en defender o título de peso wélter. Defendeuno oito veces consecutivas, a última noqueando a Pedro Montañez.

Armstrong tentou converterse no primeiro boxeador en gañar o título mundial en catro categorías diferentes nun combate contra García, campión de peso medio, mais a pelexa rematou en empate tras dez asaltos e o intento de Armstrong de gañar o título nunha cuarta categoría frustrado.[8] Segundo o historiador do boxeo Bert Sugar, moitos comentaristas da época dixeron que Armstrong merecía a vitoria neste combate.[9]

 
Armstrong (dereita) mostrando algunhas técnicas de boxeo a membros do exército estadounidense durante unha xira de exhibición en 1943.

De volta á categoría wélter, Armstrong defendeu con éxito o título cinco veces máis, ata que Fritzie Zivic o bateu, gañando o campionato do mundo tras quince asaltos. Isto acabou co reinado de Armstrong como campión de peso wélter.

En 1945, Armstrong retirouse do boxeo. O seu rexistro oficial foi de 152 vitorias, 21 derrotas e 9 empates, con 101 vitorias por K.O.[4]

Despois do boxeo editar

Despois de retirarse do boxeo en 1946, Armstrong abriu por pouco tempo un club nocturno en Harlem, o Melody Room, bautizado así polo seu primeiro alcume.[10] Volveu a establecerse en St. Louis, onde, ademais de participar en cerimonias e galas, levou unha vida tranquila. Converteuse nun cristián renacido e foi ordenado ministro baptista e avogado da mocidade, axudando a dirixir o Herbert Hoover Boys Club. Tamén deu clases de boxeo a novos combatentes.[5]

Honras editar

Notas editar

  1. "Armstrong, Henry (1912-1988)". Online Encyclopedia of Significant People and Places in African American History. BlackPast.org. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  2. "Henry Armstrong Biography". WELCOME TO THE OFFICIAL WEBSITE OF HENRY ARMSTRONG. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 St. Louis Walk of Fame. "St. Louis Walk of Fame Inductees". stlouiswalkoffame.org. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2013. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "BoxRec: Henry Armstrong". Consultado o 16 de abril de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Ryan, James. "Boxer Henry Armstrong dead at 75" (en inglés). UPI. Consultado o 16 de abril de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Grasso, John (2014). Historical Dictionary of Boxing. Lanham, Maryland: The Scarecrow Press, Inc. pp. 44–45. ISBN 0810878674. 
  7. Armstrong Family (2009). "Biography of Henry Armstrong". Official Henry Armstrong website. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2009. Consultado o 16 de abril de 2009. 
  8. "Henry Armstrong: Goes for Four Divisions". BoxingScene.com (en inglés). 
  9. Ceferino Garcia vs. Henry Armstrong (2nd meeting)
  10. Haygood, Wil (2011). Sweet thunder the life and times of Sugar Ray Robinson. Chicago: Lawrence Hill Books. p. 114. ISBN 1569768641. 
  11. Eisele, Andrew. "Ring Magazine's 80 Best Fighters of the Last 80 Years". About.com Sports. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 01 de xuño de 2019. 
  12. Mulvaney, Kieran (11 de maio de 2007). "All-Time Greatest Boxers". ESPN. Consultado o 27 de decembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar