Henrique Niño

(Redirección desde «Henrique Niño Ricoi»)

Henrique Niño Ricoi, nado o 19 de setembro de 1947 na Coruña e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 2019, foi un naturalista e divulgador galego.

Infotaula de personaHenrique Niño
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1947 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 2019 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante , ilustrador , naturalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1305349

Traxectoria editar

Formouse academicamente na Academia Galicia da Coruña e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid, adicándose profesionalmente á función pública en Galicia, en postos relacionados cos seus estudos.

Participou activamente nos primeiros anos de andaina da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), promovendo a conciencia ecolóxica e o activismo entre as novas xeracións.

O seu traballo como divulgador virou ao redor da produción de guías e catálogos de natureza en especial de especies botánicas en Galicia, adoito en colaboración co ilustrador Calros Silvar, entre elas a pioneira Guía das árbores de Galicia de 1997.

Obra editar

Ademais produciu distintas unidades didácticas, integrando texto, ilustracións e diapositivas, sobre Baldaio, as árbores de Galicia ou os fentos de Galicia. Tamén escribiu artigos para diversas publicacións, entre elas a revista Cerna:

  • Flora e vexetación do castro de Elviña (Verna, nº 47, 2006).
  • A vexetación acuática e das beiras dos cursos de auga (Verna, nº 27, 1999).
  • A vexetación do litoral (Verna, nº 24, 1998).
  • As matogueiras (Verna, nº 22, 1997).
  • Outras árbores da familia salicáceas, distintas dos salgueiros, presentes en Galicia (Verna, nº 18, 1996).
  • Salgueiros e vimieiros de Galicia (Verna, nº 15, 1995).
  • A agricultura como fonte de enerxía (separata) (Natureza galega, 1994).
  • Uces e queirugas de Galicia (Cerna, nº 10, 1994).
  • Ericáceas galegas (distintas de Erica) (Cerna, nº 12/13, 1994).
  • As ximnospermas de Galicia (Cerna, nº 6, 1993).
  • Os toxos galegos (Cerna, nº 8, 1993).
  • Fagales galegas (outras distintas dos Quercus) (Adega, nº 3, 1992).
  • Os pesticidas e o seu uso (Fouce, nº 119, 1991).
  • Pesticidas, agricultura e medio ambiente (Fouce, nº 120, 1991).
  • Os carballos galegos (Adega, nº 2, 1991).
  • Agricultura biolóxica para un mundo vivo (Albadabranca, nº 2, 1986).
  • A modernidade agrícola (Albadabranca, nº 1, 1986).
  • O millo, cultivo do pasado... con futuro? (A Nosa Terra, XI-XII, 1982).