Henning Jensen

futbolista danés

Henning Jensen, nado en Nørresundby o 17 de agosto de 1949 e finado en Aalborg o 4 de decembro de 2017, foi un futbolista dinamarqués, que xogaba como dianteiro. Militou entre outros clubs no Borussia Mönchengladbach, no Real Madrid e no Ajax, gañando os respectivos campionatos nacionais de liga cos tres equipos. Foi 21 veces internacional coa selección de Dinamarca, coa que marcou 9 goles.

Henning Jensen
Información persoal
Nome Henning Jensen
Nacemento 17 de agosto de 1949
Lugar de nacemento Nørresundby
Falecemento 4 de decembro de 2017
Lugar de falecemento Aalborg
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1965–1972 Nørresundby 0 (0)
1972–1976 Borussia M'gladbach 125 (44)
1976–1979 Real Madrid 81 (16)
1979–1981 Ajax 56 (7)
1981–1983 AGF 53 (17)
1984 Nørresundby
Selección nacional
1972–1980 Dinamarca 21 (9)
Na rede
UEFA: 36122 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nacido en Nørresundby, comezou a xogar ao fútbol no Nørresundby BK na cuarta división do fútbol dinamarqués. Xogando na banda dereita do ataque, debutou coa selección de Dinamarca en maio de 1972 e marcou o seu primeiro gol nun partido de clasificación para os Xogos Olímpicos de 1972 contra Romanía. Ese mesmo ano, e sen ter xogado nunca na primeira división danesa, foi fichado polo Borussia Mönchengladbach alemán.[1]

Militou catro anos no Mönchengladbach, compartindo dianteira co seu compatriota Allan Simonsen. Gañou dous campionatos da Bundesliga, unha DFB-Pokal e a Copa da UEFA na tempada 1974/75. Disputou un total de 177 partidos oficiais co club alemán, marcando 58 goles.

En 1976 fichou polo Real Madrid, converténdose no primeiro futbolista dinamarqués da historia do club, e xogou nel durante os seguintes tres anos, gañando os campionatos de liga nas tempadas 1977/78 e 1978/79. Disputou 102 partidos oficiais coa camiseta do club branco, nos que marcou 19 goles, 4 deles contra o FC Barcelona.[2]

En 1979 mudouse aos Países Baixos para xogar no Ajax. Alí coincidiu con outros futbolistas daneses como Frank Arnesen, Søren Lerby e Jesper Olsen. Na tempada 1979/80 gañou a Eredivisie e alcanzou as semifinais da Copa de Europa, onde o equipo neerlandés foi eliminado polo Nottingham Forest.[3]

Regresou a Dinamarca en xullo de 1981, para xogar no AGF Aarhus, antes de volver ao Nørresundby e xogar os seus últimos partidos co Nørresundby BK.

En 2006, foi nomeado pola Unión Danesa de Fútbol entre os candidatos ao premio ao mellor futbolista dinamarqués de tódolos tempos, xunto a Preben Elkjær, Brian Laudrup, Michael Laudrup, Morten Olsen, Peter Schmeichel, Allan Simonsen e Jon Dahl Tomasson.

Faleceu o 4 de decembro de 2017 a causa dun cancro.[4]

Palmarés editar

Borussia Mönchengladbach
Real Madrid
Ajax

Notas editar

  1. "Muere Henning Jensen, primer danés que jugó en el Real Madrid". El País (en castelán). 6 de decembro de 2017. Consultado o 19 de outubro de 2022. 
  2. "Goles con Historia: Jensen". Real Madrid Club de Fútbol (en castelán). 28 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de outubro de 2022. 
  3. "Ajax - Nottm Forest". UEFA (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2022. 
  4. "Gladbach trauert um Henning Jensen" (en alemán). 6 de decembro de 2017. Consultado o 19 de outubro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar