Henge de Roda

círculo lítico en San Pedro de Benquerencia, Barreiros

O henge de Roda, coñecido como A roda de Barreiros, é unha estrutura megalítica situada na aldea de Roda (San Pedro de Benquerencia, Barreiros). Foi a primeira estrutura henge, localizada na península ibérica[1] e foi descuberta en 2006 durante a construción da A-8, que tivo que variar o seu trazado para salvagardalo.

Henge de Roda
Coordenadas43°32′22″N 7°10′09″O / 43.53944, -7.16927Coordenadas: 43°32′22″N 7°10′09″O / 43.53944, -7.16927
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

 
Imaxe dunha das pedras do muroexterior.

A Roda é un círculo lítico (henge) duns 50 metros de diámetro, duns 3 700 anos de antigüidade.[2][3][4] Os restos do henge están situados nunha chaira na baixada do monte, unha zona que controla visualmente a zona. Esta construción consta dun foxo exterior de entre tres e catro metros de diámetro e un metro de profundidade. O círculo está formado por dous muros de pedra, entre os cales se depositou terra do foxo, formando así o parapeto. Tería no punto máis alto probablemente os tres metros. Consérvase a zona de entrada, de entre metro e medio e dous metros, orientada ao noroeste. Xunto á entrada hai unha pedra que podería ser un dos menhires que delimitaban o acceso. O círculo exterior son pedras de menos dun metro de lonxitude cunha das caras planas. O círculo interior son pedras sen traballar que formarían un muro. Dentro do círculo hai varias pedras de algo máis dun metro de longo que poderían ter formado outro círculo.

Notas editar

  1. Rodríguez, Lucía (28 de decembro de 2017). "A Roda, un henge en Galiza". sermosgaliza.gal. Archived from the original on 12 de xuño de 2018. Consultado o 16 de abril de 2024. 
  2. Alonso, José (2016-01-22). "El carbono 14 revela que A Roda, el Stonehenge gallego, se construyó hace 3.700 años". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2024-04-16. 
  3. Alonso, José (2015-08-01). "A Roda, el Stonehenge gallego". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-04-16. 
  4. García Fernández, Isabel (29 de xullo de 2018). "Os turistas sorpréndense ao ver esmorecer entre as silvas o Stonehenge galego". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar