Hendrick Avercamp
Hendrick Avercamp, nado en Ámsterdan o 27 de xaneiro de 1585 e finado en Kampen o 15 de maio de 1634, foi un pintor neerlandés, especializado en pintura paisaxística de tema invernal.
Hendrick Avercamp | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de xaneiro de 1585 |
Lugar de nacemento | Ámsterdam |
Falecemento | 15 de maio de 1634 |
Lugar de falecemento | Kampen (Países Baixos) |
Nacionalidade | Países Baixos |
Ocupación | pintor |
Coñecido por | Ice Scene, Frolicking on a frozen canal in a town e Paisagem de inverno com patinadores |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Era xordo e coñecido como “o mudo de Kampen". Estudou na súa cidade natal co pintor Pieter Hendrick (1569-1625). Foi un dos primeiros pintores paisaxísticos da escola holandesa do século XVII, especializándose nas paisaxes invernais do seu país. As obras de Avercamp están cheas de colorido e vivacidade, cunha atenta colocación das personaxes na escena.
O traballo de Avercamp gozou de gran popularidade e vendendo moitas das súas obras, en boa parte realizadas á acuarela. A mesma raíña Isabel II de Inglaterra tivo unha excepcional colección das súas pinturas no castelo de Windsor.
ContinuadoresEditar
As pinturas de paisaxes invernais de Hendrick Avercamp tiveron continuadores como Jan van Goyen, Aart van der Neer, Antonie van Stralen e Jan van de Capelle.
Obra (selección)Editar
- Paisaxe de Inverno, Rijksmuseum, Ámsterdan
- O Inverno, Mauritshuis, A Haia
- Escena na neve, "Rijksmuseum Kröller-Müller", Otterlo
- Escena invernal, "Museum Boymans-van Beuningen", Rotterdam
- Paisaxe de inverno, "Kunsthistorisches museum", Viena
- Escena invernal en Yselmuiden, "Musée d'art et d'histoire", Xenebra
- Escena sobre o xeo cerca dunha cidade, "National Gallery", Londres
- Paisaxe de inverno con personaxes, "National Gallery of Scotland", Edimburgo
- Escena sobre o xeo, "National Gallery of Ireland", Dublín