O Mauritshuis (en galego: "Casa de Mauricio"), oficialmente Gabinete Real de Pinturas Mauritshuis (en neerlandés: Koninklijk Kabinet van Schilderijen Mauritshuis), é un museo da cidade da Haia, nos Países Baixos, famoso por albergar varias obras mestras de Rembrandt (como A lección de anatomía) e tres das escasísimas pinturas de Vermeer, entre elas dúas mundialmente coñecidas: A rapaza da perla e Vista de Delft.[1][2]

Mauritshuis


Tipomuseo de arte e museo nacional Editar o valor en Wikidata
EpónimoJoão Maurício de Nassau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
SedePlein 26 (en) Traducir e A Haia Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 52°04′49″N 4°18′52″L / 52.08039, 4.31431
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasHolanda Meridional
ConcelloA Haia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBuilding Mauritshuis (en) Traducir, Plein 26 (en) Traducir e Gallery Prince Willem V (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RúaKorte Vijverberg (en) Traducir e Plein (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código postal2511CS Editar o valor en Wikidata
EnderezoPlein 23 e Plein 29 Editar o valor en Wikidata
Visitas
Formas de pagoMuseumkaart (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1822 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1822 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
ArquitectoJacob van Campen Editar o valor en Wikidata
Visitantes anuais500.000 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
DistinciónsKoninklijk (en) Traducir e registered museum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Geheugen van Nederland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Composto por
Gallery Prince Willem V (en) Traducir, Building Mauritshuis (en) Traducir, Q47490141 Traducir, Mauritshuis - room 1 (en) Traducir, Q126603486 Traducir, Mauritshuis - Room 9 (en) Traducir, Mauritshuis - Room 10 (en) Traducir, Q126600464 Traducir, Q129253841 Traducir e Mauritshuis - Room 7 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBmauritshuis.nl Editar o valor en Wikidata
Teléfono+31-70-302-3456 e +31 70 302 3456 Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: mauritshuis Twitter: mauritshuis Instagram: mauritshuis_museum Youtube: UCFsCwq3z5Pq3sjoTQa7-_ow Pinterest: Mauritshuis Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

É un dos museos holandeses máis coñecidos e concorridos; en 2016 tivo 414.239 visitantes e o ano anterior chegou ao medio millón.[3]

O edificio

editar
 
Fachada principal do Mauritshuis

O edificio atópase no grande estanque coñecido como Hofvijver, moi preto do Binnenhof, un complexo de edificios que acolle, entre outras institucións do Estado, a oficina do Primeiro Ministro e o Parlamento dos Países Baixos. Foi construído en 1640 para o conde Xoán Mauricio de Nassau (que lle dá o nome), daquela gobernador da efémera posesión holandesa en Pernambuco, Brasil.

Os arquitectos do edificio foron Jacob Van Campen e Pieter Post. Foi convertido en museo en 1822 para albergar o Gabinete Real de Pinturas.[4][5]

 
Fachada posterior do Mauritshuis, sobre a auga do Hofvijver

O Mauritshuis foi un museo de xestión estatal ata a súa privatización en 1995. A fundación creada nese momento fíxose cargo tanto do edificio como da colección, que se entregou nun préstamo a longo prazo. O edificio, no entanto, segue a ser propiedade do Estado, que llo aluga á fundación.

O edificio forma parte da rede de monumentos nacionais dos Países Baixos (Rijksmonument) desde 1967.[6]

Período de clausura (2012-2014)

editar
 
Busto de Xoán Mauricio de Nassau

Entre 2012 e 2014, o museo pechou as súas portas para abordar un ambicioso proxecto de renovación e ampliación, cun custo aproximado de 31 millóns de euros. Durante o período de clausura, unha selección das súas obras exhibiuse noutro museo da cidade, aínda que varias das máis famosas itineraron por varios países co fin de captar fondos.[7]

Os salóns do vello palacio foron renovados respectando a súa ambientación renacentista; empregáronse tecidos de seda francesa para tapizar as paredes. Tamén se restauraron unhas pinturas de Giovanni Antonio Pellegrini que formaban parte da decoración do salón principal. Pero a intervención máis substancial foi a incorporación ao museo dun edificio próximo, que permanecía sen uso; para o sumar ao conxunto museístico construíuse un corredor soterrado que o conecta co palacio orixinal. Este segundo edificio alberga salas de exposicións temporais, así como as oficinas e demais espazos de uso interno. O Mauritshuis xa renovado reabriu as súas portas o 27 de xuño de 2014.[8]

Durante esta clausura temporal por obras de reforma, o museo prestoulle A rapaza da perla a Kobe, cidade xaponesa tristemente famosa polo terremoto que a arrasou en xaneiro de 1995. En 2013, ese cadro de Vermeer e outros de Rembrandt, Frans Hals,Carel Fabritius, etc., viaxaron nunha mostra temporal á colección Frick de Nova York, institución que en 2015 respondeu xenerosamente prestándolle ao Mauritshuis un grupo de 36 obras.[9]

A colección

editar
 
Aurtorretrato de Rembrandt (1669)

A colección de pintura que alberga o museo céntrase especialmente na pintura do século XVII (o século de ouro da pintura holandesa), con obras de autores holandeses de sona, como:[10][11]

Tamén hai obras de:

Galería de obras salientables

editar
  1. "Mauritshuis". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
  2. "Mauritshuis. Het koninklijk kabinet van schilderijen". En DenHag.nl (en neerlandés)
  3. "Opening year attracts a record numer of visitors". No sitio web oficil do Mauritshuis (en inglés)
  4. "Mauritshuis. The Building". No sitio web oficial do Mauritshuis (en inglés)
  5. "History of the building". No sitio web oficial do Mauritshuis (en inglés)
  6. Ficha do Mauritshuis na listaxe de Rijksmonument (en neerlandés)
  7. "Highlights Mauritshuis. In Gemeentemuseum The Hague Arquivado 08 de novembro de 2016 en Wayback Machine.". En Gemeentemusum ( en inglés)
  8. Abergel, M. "Pays-Bas : le musée du Mauritshuis rouvre le 27 juin". En Le Quotidien du Tourisme. 11 de xuño de 2014 (en francés)
  9. "Mauritshuis wordt nooit een hal". En De Volkshrant (en neerlandés)
  10. Launet, E. "Les tableaux à plumes du Mauritsuis Arquivado 25 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". En Libération. 26 de outubro de 2014 (en francés)
  11. "History of the collection". No sitio web oficial do Mauritshuis (en inglés)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar