Helicobacter

xénero de bacterias
(Redirección desde «Helicobacteraceae»)

Helicobacter é un xénero de bacterias gramnegativas que teñen unha forma helicoidal característica. Inicialmente foron consideradas membros do xénero Campylobacter, pero desde 1989 teñen o seu propio xénero. O xénero Helicobacter pertence á clase Epsilonproteobacteria e comprende actualmente máis de 30 especies.[1][2][3][4]

Algunhas das especies atopáronse vivindo no revestimento do tracto gastrointestinal superior, e no fígado de mamíferos e dalgunhas aves.[5] A especie máis coñecida do xénero é H. pylori, que infecta ata a un 50% da poboación humana.[4] Algunhas cepas desta bacteria son patóxenas para os humanos, xa que está moi asociada coa úlcera péptica, gastrite crónica, duodenite, e cancro de estómago. Tamén é a especie tipo do xénero.

As especies de Helicobacter poden prosperar no ambiente moi ácido do estómago de mamífero ao producir grandes cantidades do encima urease, que eleva localmente o pH desde ~2 a un valor máis biocompatible entre 6 e 7.[6] As bacterias deste xénero son xeralmente susceptibles aos antibióticos como a penicilina, son microaerófilos (a concentración de osíxeno óptima para elas está entre 5 e 14%) capnófilos (viven en altas concentracións de CO2), e móvense moi rapidamente cos seus flaxelos.[7][8]

Sinatura molecular editar

A análise xenómica comparativa serviu para identificar 11 proteínas que se encontran unicamente en membros da familia Helicobacteraceae. Destas proteínas, 7 delas encóntranse en todas as especies da familia, e as 4 restantes non aparecen en ningunha das cepas de Helicobacter e son exclusivas de Wollinella.[9] Ademais, un raro fenómeno xenético orixinou a fusión dos xenes RpoB e RpoC nesta familia, o cal é característico de todos os membros da familia.[9][10]

Especies de Helicobacter distintas de H. pylori editar

H. pylori é a especie máis importante do xénero, pero recentemente descubríronse novas especies gástricas (Helicobacter suis e Helicobacter baculiformis) e enterohepáticas (Helicobacter equorum). Helicobacter pylori ten unha importancia fundamental en medicina, pero outras especies, que de forma natural habitan en mamíferos non humanos e aves, foron detectadas tamén en mostras clínicas humanas e adoitan denominanrse en conxunto Helicobacter non pylori. Estas especies divídense nos grupos gástrico e hepático, cunha clara especificidade de órgano. Un dato importante é que algunhas especies como Helicobacter hepaticus, Helicobacter mustelae e, probablemente, Helicobacter bilis teñen un potencial carcinóxeno en animais. Estas especies conteñen moitos xenes de virulencia e poden casusar doenzas non só en animais senón tamén en humanos. As especies gástricas non pylori como H. suis (principalmente), Helicobacter felis, Helicobacter bizzozeronii e Helicobacter salomonis foron asociadas con gastrite crónica e úlceras pépticas en humanos e, o que é máis importante, cun maior risco do linfoma MALT comparadas con H. pylori. As especies enterohepáticas como H. hepaticus, H. bilis e Helicobacter ganmani foron detectadas por PCR pero aínda non se illaron de mostras de pacientes con doenzas hepatobiliares. Ademais, os Helicobacter non pylori (NPHS) poden asociarse coa enfermidade de Crohn, enfermidade do intestino inflamatorio e colite ulcerosa. A importancia das Helicobacter de aves (Helicobacter pullorum, Helicobacter anseris e Helicobacter brantae) tamén foi intensamente examinada. A Helicobacter cinaedi e Helicobacter canis poden causar infeccións graves, principalmente en pacientes inmunodeprimidos con exposición a animais. En resumo, cada vez se lle dá máis importancia ao papel das Helicobacter non pylori en veterinaria e medicina humana. Porén, a pesar deste crecente interese na posible asociación entre estas especies e as enfermidades hepatobiliares crónicas ou intestinais humanas, aínda se requiren máis estudos para probar esta suposta asociación. Varios outros tópicos como o illamento de especies aínda non cultivadas, resistencia a antibióticos e réximes de tratamento para as infeccións por especies de Helicobacter non pylori e, a súa patoxénese e posible carcinoxénese en humanos deberían ser tamén avaliadas máis a fondo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Boyanova, L (editor) (2011). Helicobacter pylori. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-84-4. 
  2. Goodwin CS, Armstrong JA, Chilvers T; et al. (1989). "Transfer of Campylobacter pylori and Campylobacter mustelae to Helicobacter gen. nov. as Helicobacter pylori comb. nov. and Helicobacter mustelae comb. nov., respectively". Int. J. Syst. Bacteriol. 39 (4): 397–405. doi:10.1099/00207713-39-4-397. 
  3. Vandamme P, Falsen E, Rossaq R; et al. (1991). "Revision of Campylobacter, Helicobacter, and Wolinella taxonomy: emendation of generic descriptions and proposal of Arcobacter gen. nov". Int. J. Syst. Bacteriol. 41 (1): 88–103. PMID 1704793. doi:10.1099/00207713-41-1-88. 
  4. 4,0 4,1 Yamaoka Y (editor). (2008). Helicobacter pylori: Molecular Genetics and Cellular Biology. Caister Academic Press. ISBN 1-904455-31-X. [1]. 
  5. Ryan KJ, Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. ISBN 0-8385-8529-9. 
  6. Dunn BE, Cohen H, Blaser MJ (1 October 1997). "Helicobacter pylori". Clin Microbiol Rev. 10 (4): 720–741. PMC 172942. PMID 9336670. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  7. Hua JS, Zheng PY, Ho B (1999). "Species differentiation and identification in the genus of Helicobacter" (PDF). World Journal of Gastroenterology. 5 (1): 7–9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2004. Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  8. Rust; et al. (2008). "Helicobacter Flagella, Motility and Chemotaxis". Helicobacter pylori: Molecular Genetics and Cellular Biology (Yamaoka Y, ed.). Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-31-8. [2]. 
  9. 9,0 9,1 Gupta, R. S. (2006). Molecular signatures (unique proteins and conserved indels) that are specific for the epsilon proteobacteria. BMC Genomics. 7:167.
  10. Zakharova, N., Paster, B. J., Wesley, I., Dewhirst, F. E., Berg, D. E., and Severinov, K. V. (1999) Fused and overlapping rpoB and rpoC genes in Helicobacters, Campylobacters, and related bacteria. J Bacteriol 181: 3857-3859.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar