Un organismo microaerófilo é un microorganismo que necesita oxíxeno par vivir, pero require ambientes que só conteñan niveis de oxixeno inferiores aos que existen na atmosfera terrestre (é dicir, <21% O2; tipicamente entre o 2 e o 10% O2) ; a niveis de oxíxeno máis altos non poden vivir.[1][2] Moitos microaerófilos son tamén capnófilos, xa que necesitan unha elevada concentración de dióxido de carbono (por exemplo, do 10% de CO2 no caso de especies de Campylobacter).[3]

As bacterias anaeróbicas e aeróbicas poden identificarse pola súa forma de crecemento en tubos de ensaio de caldo de tioglicolato:
1: Aerobio obrigado, que necesita oxíxeno porque non pode fermentar nin respirar anaerobicamente. Xúntanse na parte superior do tubo, onde a concentración de oxíxeno é maior.
2: Anaerobio obrigado, que morre envelenado polo oxíxeno, polo que crecen todos xuntos no fondo do tubo, onde a concentración de oxíxeno é menor.
3: Anaerobio facultativo, que crece con ou sen oxíxeno, porque pode metabolizar enerxía aeróbica ou anaerobicamente. Crecen en maior número na parte superior do tubo porque a respiración aeróbica xera máis ATP que a fermentación ou a respiración anaeróbica, pero algúns crecen tamén no resto do tubo.
4: Microaerófilo, que necesita pequenas cantidades de oxíxeno porque non pode fermentar ou respirar anaerobicamente, pero que morre envelenado en altas concentracións de oxíxeno. Crecen na zona superior do tubo pero non na parte máis superior.
5: Aerotolerante, que non require oxíxeno, xa que ten un metabolismo enerxético anaerobio, pero non morre envelenado se está en presenza de oxíxeno. Crecen en todo o tubo.

Cultivo

editar

Os microaerófilos poden ser cultivados en recipientes con candeas. Estes recipientes conteñen unha candea que se encende antes de selar hermeticamente a súa tapa. O lume da candea arde ata que se apaga ao consumirse o oxíxeno que contiña o recipiente, creando unha atmosfera rica en dióxido de carbono pero pobre en oxíxeno.[4] Outros métodos de crear un ambiente microanaerobio son o uso dun xerador de gas e o intercambio de gases.[3]

Exemplos

editar
  1. Hogg, S. (2005). Essential Microbiology (1st ed.). Wiley. pp. 91–107. ISBN 0-471-49754-1. 
  2. Prescott LM, Harley JP, Klein DA (1996). Microbiology (3rd ed.). Wm. C. Brown Publishers. pp. 130–131. ISBN 0-697-29390-4. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Brooks GF, Carroll KC, Butel JS, Morse SA (2007). Jawetz, Melnick & Adelberg's Medical Microbiology (24th ed.). McGraw Hill. pp. 273–275. ISBN 0-07-128735-3. 
  4. Salim SM, Mandal J, Parija SC (marzo de 2014). "Isolation of Campylobacter from human stool samples". Indian J Med Microbiol 32 (1): 35–38. PMID 24399385. doi:10.4103/0255-0857.124294. 
  5. Fernie DS, Park RW (agosto de 1977). "The isolation and nature of campylobacters (microaerophilic vibrios) from laboratory and wild rodents". J. Med. Microbiol. 10 (3): 325–9. PMID 330861. doi:10.1099/00222615-10-3-325. 
  6. Cover TL (2012). "Perspectives on methodology for in vitro culture of Helicobacter pylori". Methods Mol Biol 921: 11–15. PMC 3921885. PMID 23015486. doi:10.1007/978-1-62703-005-2_3. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar



 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.