Heinkel Flugzeugwerke foi unha compañía fabricante de avións alemá fundada por Ernst Heinkel no ano 1922. Destacou pola produción de bombardeiros para a Luftwaffe durante a segunda guerra mundial e pola súa importante contribución aos voos a altas velocidades, cos exemplos pioneiros na historia da aviación do exitoso foguete de combustible líquido e un avión impulsado por un turbojet, voando ámbolos dous aparellos deseñados por Heinkel pouco antes do estoupido da segunda guerra mundial.

Heinkel Flugzeugwerke

Editar o valor en Wikidata
Fundación1922
LocalizaciónWarnemünde, Alemaña Alemaña
FundadorErnst Heinkel
Industriaaeroespacial
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Ruínas da sede de Heinkel en Rostock

Tras a exitosa carreira de Ernst Heinkel como xefe de deseño para a firma de aviación Hansa-Brandenburg na primeira guerra mundial, Herr Heinkel fundou a súa propia empresa en Warnemünde no ano 1922, despois de que se relaxasen as restricións imposta á aviación alemá tras o Tratado de Versalles. O primeiro grande éxito da compañía chegou en 1932 co deseño do Heinkel He 70 Blitz, un avión de correos e pasaxeiros de alta velocidade para Deutsche Luft Hansa, que estableceu unha serie de récords de velocidade para a súa clase. Seguiulle o bimotor Heinkel He 111 Doppel-Blitz, que se converteu nun piar da Luftwaffe durante a segunda guerra mundial como bombardeiro. Os deseñadores máis importantes de Heinkel nese momento eran os irmáns xemerlgos Günter, Siegfried e Walter, e Heinrich Hertel. A sede da empresa estaba en Rostock, posteriormente coñecida como Heinkel-Nord, tendo unha fabrica e un aeródromo na veciñanza costeira de Schmarl, no noroeste da cidade (entón coñecido como "Marienehe") con instalacións adicionais, Heinkel-Süd, en Schwechat, Austria, despois do Anschluss en 1938.

Heinkel está principalmente asociada aos avións usados pola Luftwaffe durante a segunda guerra mundial. Esta relación comezou coa adaptación do He 70 e, particularmente, co He 111, para ser usados como bombardeiros. Heinkel tamén proporcionou o único bombardeiro pesado operacional da Luftwaffe, o Heinkel He 177, aínda que nunca foi despregado de xeito significativo.

Heinkel tivo menos éxito vendendo deseños de cazas. Antes da guerra, o Heinkel He 112 fora rexeitado en favor do Messerschmitt Bf 109, e o intento da compañía de superar o avión de Messerschmitt co Heinkel He 100 fallou debido á interferencia política dentro do Reichsluftfahrtministerium (Ministerio de Aviación do Reich). Heinkel tamén lle proporcionou á Luftwaffe un extraordinario caza nocturno, o Heinkel He 219, que tamén se atopou con problemas políticos e foi fabricado nun número limitado, aínda que foi o primeiro avión de primeira liña da Luftwaffe en usar un tren de aterraxe en triciclo retraíble e o primeiro do mundo en levar asentos exectables. Polo contrario, o único bombardeiro pesado en entrar en servizo coa Luftwaffe durante a guerra, o Heinkel He 177 Greif, resultou ser un dos deseños alemáns máis problemáticos, producíndose numerosos incendios nos seus motores tanto debidos ao deseño de colocación pouco axeitado dos mesmos como ao deseño da fuselaxe en xeral, construído para poder realizar bombardeos en picado moderados.

 
Fabricación do Heinkel He 111 en 1939

Dende 1941 ata o final da guerra a compañía foi fusionada co fabricante de motores Hirth para formar Heinkel-Hirth, dándolle a capacidade de fabricar os seus propios motores.

O nome de Heinkel tamén estivo tras o traballo pioneiro dos motores a reacción e do desenvolvemento dos foguetes, e tamén foi a firma que intentou popularizar o uso do tren de aterraxe en triciclo retráctil, unha rareza relatica no deseño de fuselaxes da segunda guerra mundial. En 1939, voados por Erich Warsitz, os Heinkel He 176 e Heinkel He 178 convertéronse nos primeiros deseños de avións en voar con foguetes de combustible líquido e motores turbojet respectivamente.

Heinkel foi o primeiro fabricante en desenvolver un caza a reacción ata chegar ao prototipo, o Heinkel He 280, o primeiro deseño de Heinkel en usar o tren en triciclo retráctil. A principios de 1942, a unidade de interpretación fotográfica da RAF en Medmenham atopou as primeiras evidencias da existencia do He 280 en fotografías de recoñecemento aéreo tomadas tras un bombardeo na fábrica de Rostock. A partir de entón os Aliados comezaron a realizar recoñecementos aéreos de xeito intensivo para aprender máis sobre o programa de reactores alemán.

O Heinkel He 280 foi o único birreactor deseñado pola compañía en voar, pero nunca chegou a ser producido debido a que o Ministerio de Aviación quería que Heinkel se concentrase na fabricación de bombardeiros e no seu lugar promocionou o desenvolvemento do seu rival, o Messerschmitt Me 262. A finais da guerra un caza monorreactor de Heinkel, o Heinkel He 162A Spatz, realizou o seu primeiro voo sendo o primeiro reactor militar en usar un tren en triciclo retráctil e un asento exectable, pero apenas entrou en servizo debido á rendición alemá.

Tras a guerra prohibíuselle producir avións e no seu lugar fabricou bicicletas, scooters e o microcoche Heinkel. A compañía finalmente volveu ao negocio da aviación a mediados dos anos 50, fabricando baixo licenza o F-104 Starfighter para a forza aérea da Alemaña occidental. En 1965 Heinkel foi absorvida por Vereinigte Flugtechnische Werke (VFW), que á súa vez foi mercada por Messerschmitt-Bölkow-Blohm en 1980 e posteriormente converteuse en parte de EADS.

Produtos

editar

Avións

editar

HD - Heinkel Doppeldecker

editar

HE - Heinkel Eindecker

editar

He - Heinkel

editar

P - Projekt