Havalina (pronúnciase coa hache muda) é unha banda madrileña de rock formada no ano 2001 co nome de Havalina Blu, que mudaron no 2007 ao actual. O seu nome está relacionado co tema que pecha o álbum dos Pixies Bossanova (1990), titulado precisamente "Havalina"[1]. A súa formación orixinal ven de bandas como Sugar Kane, formada por Charlie Bautista e Manuel Cabezalí, ou Rosebud que formarían posteriormente con Sara Iglesias e Andrés Romero. Da composición orixinal da banda só se mantén Manuel Cabezalí, ao que se lle engadiu Javier Couceiro Arroyo, no 2004, e Jaime Olmedo, no 2014, despois do anuncio en redes sociais do baixista, Ignacio Celma, de que abandonaba a formación por motivos persoais.

Havalina
A banda en Madrid o 29 de xuño de 2009
OrixeMadrid, España España
Período2001 - actualidad
Xénero(s)indie rock, stoner rock, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Junk Records, Estoescasa!, Origami Records, Ernie Records
MembrosManuel Cabezalí: voz, guitarra.
Javier Couceiro: batería.
Jaime Olmedo: baixo
Antigos membrosIgnacio Celma: baixo, coros (2009-2014)
Nahúm García: baixo, coros (2006-2009)
Charlie Bautista: voz, guitarra, teclados (2001-2007)
Sara Iglesias: baixo (2001-2002 e 2004-2006)
Alejandro Muñoz: baixo (2002-2004)
Andrés Romero: batería (2001-2004)
Na rede
http://www.havalina.es
Discogs: 3701546 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios da banda (2001-2002) editar

Tras a disolución de Sugar Kane no 2001, dous dos seus membros (Manuel Cabezalí e Charlie Bautista) formaron en Madrid a finais de ano Rosebud. Este novo conxunto compoñíano os ditos Cabezalí (guitarra e voz) e Bautista (guitarra e voz) máis Sara Iglesias (baixo) e Andrés Romero (batería)[2].

Pouco mais de medio ano despois, no 2002, o grupo mudou o nome para Havalina Blu. Pasado o verán, Sara Iglesias deixou o grupo por vez primeira, ocupando o seu posto Alejandro Muñoz. O 1 de novembro deron un concerto na desaparecida sala Ritmo y Compás[3] (na madrileña rúa Conde de Vilches), no que presentaron temas do que sería pouco despois o seu primeiro álbum de estudio: Uncoloured Songs, que gravaron no local de ensaio.

Uncolored Songs (2003-2004) editar

A comezos do 2003 deron comezo coa gravación do seu primeiro álbum, que foi bautizado co título do seu quinto corte, "Uncolored Song". Todos os temas foron compostos e escritos en inglés por Charlie Bautista (sete temas) e Manuel Cabezalí (seis temas). Participaron como músicos tanto Bautista (que engadiu os teclados do álbum) como Cabezalí, Romero e Muñoz, engadíndoselle a recentemente substituída Sara Iglesias no baixo do tema "The Moon Through Your Window", tema mesturado por Domingo Patiño (ex-membro de Hermino Molero y La Máquina Humana e de Domingo y los Cítricos). A produción e masterización foi enteiramente realizada pola propia banda. O deseño da portada do disco, totalmente azul e coas grafías en branco, foi obra de Cabezalí[4]. Os temas que contivo foron os seguintes:

pista título duración letra de
1 There Goes My Girl 4' 15" Manuel Cabezalí
2 Let's Die This Evenin' 3' 04" Charlie Bautista
3 Electric Shocks 2' 41" Manuel Cabezalí
4 Dirt Me 4' 40" Charlie Bautista
5 Uncoloured Song 4' 58" Manuel Cabezalí
6 Naked Lovers 4' 25" Charlie Bautista
7 Smile 4' 02" Charlie Bautista
8 Warm Nights 3' 20" Manuel Cabezalí
9 Tom Says 3' 30" Manuel Cabezalí
10 Snow Petals 4' 06" Charlie Bautista
11 Hot Wax 3' 36" Charlie Bautista
12 The Moon Through Your Window 5' 49" Manuel Cabezalí
13 We Were Stars 7' 20" Charlie Bautista

No 2004 Andrés Romero e Alejandro Muñoz abandonaron a banda, cubrindo o seu posto Javier Couceiro, e regresando Sara Iglesias.

From Bed to Bed (2005) editar

Comezou a gravación do seu segundo álbum, From Bed to Bed, que se lanzou ao ano seguinte.

pista título duración letra de
1 Silky Manuel Cabezalí
2 She thinks I'm funny Manuel Cabezalí
3 Inside-outside Manuel Cabezalí
4 Offshore Manuel Cabezalí
5 Liquid heart Manuel Cabezalí
6 Ashtray Manuel Cabezalí
7 Love is drunk Manuel Cabezalí

A Woman or Two (2006) editar

No 2006 ficharon por Junk Records e gravaron o seu terceiro álbum, A Woman Or Two.

pista título duración letra de
1 If There Is No Pasion Manuel Cabezalí
2 In The Center Of This Town Manuel Cabezalí
3 Stopping The Fun Manuel Cabezalí
4 ...and Your Sister Manuel Cabezalí
5 Wam Nights Manuel Cabezalí
6 Summer Is Gone Manuel Cabezalí
7 Long And Thin Hot Wire In My Heart Manuel Cabezalí
8 No Reason To Rant Manuel Cabezalí
9 Cold Summer Nights Manuel Cabezalí
10 Scissons And Glue Manuel Cabezalí
11 Tom Says Manuel Cabezalí
12 April Comes (And I Fell Fine) Manuel Cabezalí
13 Poni Manuel Cabezalí

Creación de Havalina (2007) editar

No 2007 Sara Iglesias abandonou novamente a formación, sendo substituída por Nahúm García. Ademais, son fichados pola oficina de management e contratación TodoAzul.

Junio (2008) editar

No 2008 publicaron un novo álbum, Junio, por primeira vez completamente en español, e gravaron o seu primeiro videoclip co corte Noches sin Dormir.

pista título duración letra de
1 A Golpe de Bisturí Manuel Cabezalí
2 Nadie Como Yo Manuel Cabezalí
3 Dónde Irán Manuel Cabezalí
4 Sólo Pienso En Mí Manuel Cabezalí
5 Cosas Que Le Diría Manuel Cabezalí
6 Noches Sin Dormir Manuel Cabezalí
7 Junio Manuel Cabezalí
8 Dureza Manuel Cabezalí
9 Pechos de Metal Manuel Cabezalí
10 Tus Huesos Manuel Cabezalí
11 Siewerdt Manuel Cabezalí
12 Septiembre Manuel Cabezalí

Imperfección (2009) editar

No 2009 ficharon por Origami Records e gravaron o seu primeiro disco para o selo, Imperfección. Tras a gravación, e para a xira de presentación de dito álbum, Ignacio Celma pasou a substituír a Nahúm García ao baixo. O estilo da banda agora é moito máis rochoso, escuro e sen concesións.

pista título duración letra de
1 Imperfección 4' 42" Manuel Cabezalí
2 Agosto En Bogotá 4' 03" Manuel Cabezalí
3 Incursiones 3' 05" Manuel Cabezalí
4 Sueños De Esquimal 4' 57" Manuel Cabezalí
5 Lejos De Tu Cama 3' 54" Manuel Cabezalí
6 6:00 AM 4' 38" Manuel Cabezalí
7 Vida Maquinal 3' 36" Manuel Cabezalí
8 Sórdido 2' 27" Manuel Cabezalí
9 Desinspiración 9' 49" Manuel Cabezalí
10 Miedo Al Agua 4' 25" Manuel Cabezalí

Las Hojas Secas (2010-2011) editar

No 2010 gravaron un novo álbum, Las Hojas Secas, tamén con Origami Records. Cambiaron de oficina de management e pasaron a traballar con Heart of Gold.

pista título duración letra de
1 Desierto 5' 27" Manuel Cabezalí
2 Tu Ciudad 4' 05" Manuel Cabezalí
3 Objetos Personales 3' 54" Manuel Cabezalí
4 Sindrome De Culto 3' 57" Manuel Cabezalí
5 Las Hojas Secas 7' 26" Manuel Cabezalí
6 Ley De La Gravedad 4' 53" Manuel Cabezalí
7 La Pared 4' 26" Manuel Cabezalí
8 Punto De Reconciliación 4' 55" Manuel Cabezalí
9 Mamut 4' 28" Manuel Cabezalí
10 Mordiente 6' 46" Manuel Cabezalí
11 Por La Noche 10' 02" Manuel Cabezalí

No 2011 publicouse o DVD Tan Deprisa, Tan Despacio, no que se recolle o proceso de creación de Las Hojas Secas, así como varios cortes en directo do concerto que ofreceron o 5 de marzo de 2010 na Sala Caracol de Madrid. En decembro do mesmo ano, a banda celebrou o seu décimo aniversario, con tres concertos os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro, na Sala Siroco de Madrid agotando as entradas, e nos que interpretaron os seus álbums de estudio en castelán en rigoroso orde, ademais dalgunhas novidades do que ía ser o seu próximo material. Así mesmo, con motivo do aniversario, Origami Records publicou unha caixa especial que contiña os seus tres discos de estudio en castelán, o DVD Tan Deprisa, Tan Despacio e un disco de versións de temas da banda interpretados por outros artistas como Julio De La Rosa, Vetusta Morla, Álex Ferreira, Boat Beam, Maika Makovski, Depedro, The Cabriolets, Richter, Amigos Imaginarios, Coffee & Wine e Trikini.

h (2012-2014) editar

No 2012, a banda lanzou ao mercado h, o seu cuarto disco de estudio en español. A banda anunciou datas e saíu de xira para presentar o seu novo traballo.

pista título duración letra de
1 Norte 3' 58" Manuel Cabezalí
2 La Antártida Empieza Aquí 3' 50" Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí
3 Viaje Al Sol 2' 18" Manuel Cabezalí
4 El Estruendo 6' 42" Manuel Cabezalí
5 Compañía Felina 3' 04" Manuel Cabezalí
6 Animal Dormido, Animal Despierto 6' 52" Manuel Cabezalí
7 Música Para Peces 7' 31" Manuel Cabezalí
8 Viernes 5' 45" Manuel Cabezalí
9 Cuando Todos Duermen 4' 20" Manuel Cabezalí

No 2013 o conxunto anunciou concertos para celebrar o vixésimo aniversario do disco dos Smashing Pumpkins, Siamese Dream. Para iso, contaron coa axuda do antigo compoñente do grupo, Charlie Bautista. Os concertos homenaxe sucedéronse en Madrid e, en 2014, en Barcelona.

No 2014, o baixista Ignacio Celma anunciou a través de Facebook que abandonaba a banda por motivos persoais. Substituíuno Jaime Olmedo, amigo da banda, que xa tocara en suplencia de Celma nalgún concertos.

Islas de Cemento (2015-2016) editar

No 2015 publicaron o seu quinto disco de estudio en castelán, titulado "Islas de Cemento", co que se embarcaron nunha intensa xira por toda España.

pista título duración letra de
1 Cristales Rotos Sobre El Asfalto Mojado 6' 55" Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí
2 Islas De Cemento 4' 47" Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí
3 Un Reloj De Pulsera Con La Esfera Rota 4' 45" Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí
4 La Voz De Él 5' 21" Manuel Cabezalí, Nieves Lázaro
5 Ya Va Siendo Hora 3' 26" Manuel Cabezalí
6 El Olmo Centenario 6' 21" Manuel Cabezalí
7 Luces 3' 33" Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí
8 ¿Dónde? 2' 24" Manuel Cabezalí
9 Cementerio De Coches 6' 56" Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí
10 Lluvia En El Cementerio De Coches 8' 36" Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí
11 Ulmo 4' 39" Manuel Cabezalí

Muerdesombra (2017) editar

Na actualidade a banda encóntrase traballando no que será o seu sexto álbum como Havalina.

pista título duración letra de
1 Abismoide 4' 20" Manuel Cabezalí
2 Malditos Mamíferos 4' 26" Manuel Cabezalí
3 Lazos Rotos 5' 09" Manuel Cabezalí
4 Órbitas 4' 51" Manuel Cabezalí
5 Nacidos De La Bruma 4' 38" Manuel Cabezalí
6 Alta Tormenta I 5' 43" Manuel Cabezalí
7 Alta Tormenta II 5' 10" Manuel Cabezalí
8 Más Velocidad 3' 52" Manuel Cabezalí
9 Trópico Fantasma 8' 24" Manuel Cabezalí

Discografía editar

Álbums editar

 
Setlist do baixista do concerto de Havalina en Compostela o 13 de maio de 2017.
Álbum Ano Selo Nº catálogo Notas
Uncolored Songs 2003 auto-produción como Havalina Blu
From Bed to Bed 2005 auto-produción como Havalina Blu
A Woman or Two 2006 Junk Records JKR13 como Havalina Blu
Junio 2008 Estoescasa! EEC02
Imperfección 2009 Origami Records ORI104
Las Hojas Secas 2010 Origami Records ORI109
h 2012 Origami Records ORI116
Islas de Cemento 2015 Origami Records ORI126
Muerdesombra 2017 Ernie Records ER048

Sinxelos editar

 
Entrada do concerto de Havalina en Compostela o 13 de maio de 2017.
Título Ano Álbum Selo Nº catálogo
Tu mitad del aire 2015 SON Estrella Galicia Vol.#02 (xunto a Neuman)[5] SON Estrella Galicia #02
Más velocidad 2016 Muerdesombra Ernie Records
Abismoide 2017 Muerdesombra Ernie Records
Malditos mamíferos 2017 Muerdesombra Ernie Records

Vídeos editar

Título Ano Selo Nº catálogo
Tan Deprisa, Tan Despacio 2011 Origami Records ORI109D

Colaboracións e compilacións editar

Títulos Álbum Ano Selo Nº catálogo
If There Is No Passion Bendito Pop 2006 Junk Records JKR30
Corona Sucia Mutaciones[6] 2016 Ernie Records ER045

Notas editar

  1. Rob (19-5-2011). "Havalina: “Nos gustan los extremos”". portalalternativo.com (en castelán). Consultado o 13-5-2017. Havalina é unha bela canción dos Pixies. E gustounos moito no seu día a sonoridade desta palabra. Lembro que barallamos outras opcións, pero o certo é que pasaran xa case 10 anos desde que decidimos este nome, e sinceiramente, non lembro cales foron. 
  2. Guillermo Albaida Ventura (12-7-2011). "Havalina Blu - Biografía, componentes y enlaces relacionados". musicoscopio.com (en castelán). Consultado o 23-5-2017. 
  3. "Noviembre 2002". todoconciertos.com (en castelán). Consultado o 23-5-2017. 
  4. "Havalina Blu ‎– Uncoloured Songs". discogs.com (en castelán). Consultado o 23-5-2017. 
  5. Inclúe dous temas: "Ella" (de Neuman) e "Tu mitad del aire" ("Neuman, Havalina (2)‎–SON Estrella Galicia Vol. #02". discogs.com (en castelán). ).
  6. Disco homenaxe á banda granadina Niños Mutantes.

Ligazóns externas editar