Hans Kelsen

xurista austríaco

Hans Kelsen, nado en Praga (República Checa) o 11 de outubro de 1881 e finado en Orinda (California) o 19 de abril de 1973, foi un xurista estadounidense de orixe austríaca. Creou a «teoría pura do Dereito», o normativismo e o principio da pirámide das normas.

Infotaula de personaHans Kelsen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1881 Editar o valor em Wikidata
Praga Editar o valor em Wikidata
Morte19 de abril de 1973 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Member of the Constitutional Court of Austria (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1945–)
Checoslovaquia (1936–)
Austria (1918–1936)
Cisleitania (1881–1918) Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo, catolicismo e Protestant Church of the Augsburg Confession in Austria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
Universidade de Heidelberg
Universidade Harvard
Akademisches Gymnasium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito, Teoría do dereito, Dereito constitucional e Dereito internacional Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Colonia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , profesor universitario , filósofo , xuíz , xurista Editar o valor em Wikidata
Período de tempoFilosofia do século XX (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena
Universidade Carolina de Praga
Colégio de Guerra Naval (pt) Traducir
Universidade de Xenebra
Universidade de California en Berkeley
Universidade de Colonia
Instituto Tecnológico e de Estudos Superiores de Monterrey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosHelen Silving-Ryu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAlfred Schütz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMargarete Kelsen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosHanna Renate Kelsen (pt) Traducir, Maria Beate Feder (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiAdolf Kelsen Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 125356
Hans Kelsen circa 1930

Kelsen pertenceu ao movemento do positivismo xurídico, que é unha corrente do positivismo xeral, fundada por Augusto Comte. Ensinou no Juridicum de Viena entre 1911 e 1929. Viuse obrigado a fuxir de Austria logo do Anschluss a causa da súa ascendencia xudía, exiliándose aos Estados Unidos onde se inclinou polo dereito teórico.

A teoría pura do Dereito editar

Para Kelsen a lei é norma positiva (é dicir, "posta" polos homes e non por un ser transcendente). Por outra banda, a norma é relativa, sen fundamento algún na Verdade. Non se pode falar, desde a súa perspectiva, dunha lei natural, polo menos non no ámbito xurídico. Segundo a teoría de Kelsen, o Dereito está constituído só e exclusivamente das normas positivas e válidas do ordenamento xurídico, sexa cales fosen os preceptos que conteñan. De aí que a súa teoría sexa denominada Doutrina Pura do Dereito, como unha das súas obras máis coñecidas. Consonte o pensamento kelsiano o ordenamento xurídico é o obxecto do dereito, non outro.

Normativismo e pirámide das normas editar

Hans Kelsen fundou a escola normativista e figurou na orixe da teoría chamada pirámide das normas. Esta teoría dotou dunha base obxectiva e laica ao ordenamento das diferentes fontes do dereito, asegurando así unha explicación racional ao principio de xerarquía das normas. O principio fundamental desta teoría apóiase sobre a idea de conformidade. De xeito que unha norma inferior válida non pode ser contraria á norma inmediatamente superior. Se tal fose o caso, un contencioso podería desembocar na «anulación» ou na «corrección» da norma inferior contraria inválida.

Esta sinxela e elegante consideración teórica permite explicar e favorecer a aparición do control constitucional nos países occidentais nos que esta práctica era descoñecida, especialmente en Europa. Nos Estados Unidos practicábase este tipo de control desde inicios do século XIX.

Na cimeira da pirámide, o autor coloca unha norma hipotética fundamental (Grundnorm), que asegura a coherencia do conxunto, aínda que ao prezo, porén, de recorrer a unha ficción xurídica. O carácter hipotético desta norma levou aos seus detractores a afirmar que o autor non fora capaz de se desprender dos postulados do Dereito natural, segundo os cales a lexitimidade do dereito emana da divindade ou da mesma natureza.

Consciente destas crítica, Kelsen procedeu a efectuar importantes refundicións da súa teoría, aínda que se distinguen, polo xeral, dúas épocas na súa obra: antes e despois do exilio norteamericano.

Alén do Dereito editar

Alén das contribucións de Hans Kelsen á ciencia xurídica, o xurista descorreu, tamén profusamente, sobre política, socioloxía e relixión. Foi un respectado teórico da democracia.

Influencia editar

Kelsen colaborou na redacción da Constitución de Austria de 1920.

A difusión internacional do pensamento de Hams Kelsen fixo del unha saliente figura da teoría xeral do dereito no século XX.

Obras editar

  • Teoría xeral do Estado, (1934).
  • Natureza e Sociedade, (1945).
  • The Law of the United Nations, (1951).
  • Principles of International Law, (1952).
  • A Democracia.
  • Dereito Internacional e Estado Soberano.
  • Xurisdición Constitucional.
  • O Estado como integración.
  • Teoría comunista do Dereito.
  • Teoria xeral das normas.
  • O problema da xustiza.
  • Teoria pura do Dereito.
  • Teoria xeral do Dereito e do Estado.
  • A ilusión da Xustiza.
  • Que é xustiza?.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar