Handbook of the Mammals of the World

Handbook of the Mammals of the World (HMW) é unha serie de libros da editorial Lynx Edicions. Iniciada súa publicación en 2009 está previsto que conste de nove volumes. Cada familia de mamíferos é avaliada nunha introdución ampla, e inclúe fotografías e o mapa da área de distribución de cada unha das súas especies.

Este é o segundo proxecto importante e Lynx Edicions desde o lanzamento do Handbook of the Birds of the World (Manual das aves do mundo) en 1992.

Os editores principais son Russell Mittermeier e Don E. Wilson en asociación Conservation International, a Texas A&M University e a IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais. Don E. Wilson é tamén un dos dous editores da obra de referencia Mammal Species of the World.[1]

Volumes publicados editar

Iníciase cunha introdución á clase dos mamíferos por Don E. Wilson. A continuación trata as 13 familias e inclúe detalles da taxonomía, área de dispersión, hábitat, reprodución, comportamento e status de conservación de 254 especies, con máis de 400 fotografías en cor, 257 mapas de distribución e 33 láminas do artista catalán Toni Llobet.

Abarca 6 ordes, con 17 familias, 54 xéneros e 279 especies. Inclúe 664 fotos en cor, 433 mapas de distribución e 56 láminas de Toni Llobet.

Editado por Russell A. Mittermeier, Anthony B. Rylands e Don E. Wilson, trata as 17 familias dos primates, con 470 especies. Inclúe 57 láminas do artista inglés Stephen D. Nash.

Cobre 19 familias, con 147 especies. As súas 30 láminas en cor que inclúe son de Toni Llobet.

Comprende 375 especies das 21 familias que forman as 8 ordes destes animais, e inclúe 44 láminas de Toni Llobet.

Editado por Don E. Wilson, Thomas E. Lacher Jr. e Russell A. Mittermeier, inicialmente pretendíase publicar un único volume de lagomorfos e roedores. Pero debido ao gran número de roedores para describir, Lynx Edicions organizou unha enquisa no verán e o outono de 2015 na que a maioría dos clientes se decidiu a favor de dous volumes. Neste descríbense as dúas familias dos lagomorfos e 25 de roedores, cun total 798 especies; inclúe tamén 60 lámoinas de Toni Llobet.

Volumes pendentes de publicación editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar