Hanan Al Hrub
Hanan Hamid Muhamad Al Hrub (en árabe: حنان حامد محمد الحروب), nada o 6 de marzo de 1972 en Dheisheh, é unha profesora palestina que en 2016 foi a segunda gañadora do Premio Global ao Ensino. Está especializada no apoio a nenos traumatizados pola violencia.[1]
Hanan Al Hrub | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | حنان حامد محمد الحروب e Hanan Al Hroub |
Nacemento | 6 de marzo de 1972 |
Lugar de nacemento | Dheisheh |
Nacionalidade | Estado de Palestina |
Alma máter | Al-Quds Open University |
Ocupación | mestra |
Premios | Premio Global ao Ensino e Order of Palestine for Culture, Science and Arts |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Medrou no campo de refuxiados de Dheisheh[2] preto de Belén,[3] onde foi testemuña e vítima de actos violentos. Os seus propios fillos experimentaron un incidente traumático no que dispararon ao seu pai nun posto de control israelí. Al Hroub estudou inglés na universidade e quería ser tradutora,[4] pero decidiu comezar a traballar na docencia despois de que uns soldados israelís disparasen aos seus fillos xemelgos de 9 anos e o seu fillo pequeno de 6 ao comezo da Intifada de Al-Aqsa.[2]
Al Hroub dá clases a nenos en campos de refuxiados[5] e o seu slogan é "Non á violencia". Emprega unha metodoloxía desenvolvida por ela mesma na que usa o teatro para a resolución de problemas e a tensión. O seu método está desenvolvido e explicado no seu libro, We Play and Learn. Afirma que cando empezou a ensinar, "a violencia que os rapaces vían nas rúas se traía ás clases", pero após duns poucos meses, o seu comportamento e actitude mellou enormemente.[6]
NotasEditar
- ↑ "Palestinian teacher wins global prize worth $1m". the Guardian. Consultado o 11 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Daud Abdullah, Education is a right being denied to Palestinian children, and Israel is the culprit Consultado o 12 de marzo de 2020
- ↑ "Ex-refugee wins $1m global teacher prize". BBC News. Consultado o 12 de marzo de 2020.
- ↑ "Cover interview: Hanan Al Hroub". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2020.
- ↑ Asia Society, Teaching for Global Competence in a Rapidly Changing World, OECD Publishing, 2018 ISBN 978-9-264-28902-4 p.25
- ↑ "'Enrichment, not learning': World Teacher of the Year". Journal of Middle Eastern Politics and Policy. 24 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2020.