Halo (dispositivo de seguridade)

O halo é un sistema de protección de choque do pilotor usado na serie de carreiras de rodas aberta que consiste nunha barra curva colocada para protexer a cabeza do piloto.

O sistema de halo nun Ferrari SF71H pilotadopor Kimi Räikkönen durante a proba de pretempada en febreiro de 2018.

O sistema introducíuse por primeira vez en 2015 e converteuse en obrigatorio segundo a homologación e regulación da FIA a partir de 2018. As primeiras probas cos prototipos equipados co sistema leváronse a cabo en 2016 e en xullo de 2017. Desde a tempada 2018 a FIA fixo obrigatorio o halo en todos os vehículo da Fórmula 1 e da Fórmula 2 como unha nova medida de seguridade.[1]

Construción

editar

O sistema consiste nun soporte que rodea a cabeza do piloto e está conectado a tres puntos ao corpo do vehículo. O compoñente está feito de titanio e pesaba ao redor de 7 quilogramos na versión presentada en 2016. O peso subiu a 9 quilogramos no 2017.

O sistema non desenvolveuse polos equipos, realizounor un fabricante externo elixido pola FIA e é o mesmo para todos os vehículos.

Nunha simulación realizada pola FIA, utilizando os datos de 40 incidentes reais, o uso do sistema elevou un 17% o aumento na taxa de supervivencia do piloto.

Historia e desenvolvemento

editar

O sistema halo está baseado nun proxecto de Mercedes; o traballo de desenvolvemento do simulador realizouno Anthony Davidson. Logo dunha demora dun ano en xaneiro de 2017, a FIA anunciou que o desenvolvemento do sistema fora completado e estaba listo para o seu uso.

A FIA para o desenvolvemento examinou tres escenarios fundamentais: a colisión entre dous vehículos, un contacto entre un vehículo e a contorna (como barreiras), e colisións con vehículos e restos. As probas mostraron que o sistema halo pode reducir significativamente o risco de lesións do piloto. Ademais, en moitos casos, o sistema foi capaz de evitar que o casco entrara en contacto cunha barreira usando unha serie de accidentes xa producidos como referencia. Durante o estudo do último caso, descubriuse que o halo pode desviar obxectos grandes e tamén proporcionar unha maior protección contra restos máis pequenos.

O sistema non só se usa na Fórmula 1, senón tamén en todas as clases de fórmulas da FIA. Non obstante, como os vehículos deberán rediseñarse para introducir este sistema, para moitas clases a nova xeración de monoprazas para a introdución terá que esperar.

En agosto de 2017, o Dallara F2 2018, un novo coche de Fórmula 2, presentouse e foi o primeiro en instalar o sistema halo. En xaneiro de 2018 a Fórmula E presentou o novo automóbil chamado SRT05e , que tamén incorporou o halo no seu deseño.

Sistemas alternativos

editar

Como alternativa ao sistema halo, Red Bull Racing desenvolveu o "aeroscreen". O deseño, que era similar a un pequeno carenado, non recibiu moito interese pola FIA. Despois de que os pilotos expresaran a súa oposición á introdución do sistema de halo, a FIA desenvolveu un "escudo", un parabrisas de cloruro de polivinilo baseado no concepto do escudo.[2]

Sebastian Vettel foi o primeiro e único piloto en probar o escudo. Durante a práctica libre para o Gran Premio do Reino Unido de 2017, completou unha volta co novo sistema antes de terminar a proba. Queixouse dunha visión distorsionada e borrosa que lle impedía pilotar.[3] A súa introdución foi posteriormente excluída, en parte porque os equipos non tiveron tempo suficiente para probar e estudar o escudo.

Recepción

editar

O sistema suscitou algunhas críticas, incluíndo a de Niki Lauda que afirmou que este sistema distorsiona a "esencia dos coches de carreiras".[4] Outros expilotos, incluíndo Jackie Stewart, acolleron o sistema e compararono coa introdución de cintos de seguridade que provocaron a mesma crítica e logo convertéronse en norma tamén nas estrada convencionais.[5]

  1. "The FIA approves Formula 1's first supplier to the Halo". F1i.com (en inglés). 16 January 2018. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  2. "F1 | FIA working on Halo alternative 'Shield' - FP English". FormulaPassion.it (en italiano). 8 de abril de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  3. "Vettel says Shield made him “dizzy” in test run". Motorsport.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  4. Noble, Jonathan. "Niki Lauda: Halo destroys efforts to boost Formula 1's popularity". Autosport.com (en inglés). Consultado o 2018-03-28. 
  5. Kalinauckas, Alex. "Jackie Stewart: F1 halo critics are like 1960s safety backlash". Autosport.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar