Guthrum II de Anglia Oriental
Guthrum II de Anglia Oriental, finado en 916, foi un caudillo viquingo de orixe danesa e que gobernou o Danelaw tras a morte de Eric de Anglia Oriental no ano 902, ambos procedían da segunda horda viquinga que invadiu Inglaterra e coñécese como o grande exército de verán.
Biografía | |
---|---|
Morte | 916 |
Actividade | |
Ocupación | feudatario |
Traxectoria
editarA diferenza do seu predecesor do mesmo nome, Guthrum I de quen se teñen referencias fiábeis nas crónicas contemporáneas, non se coñece moito do reinado de Guthrum II e a súa vida baséase en conxecturas comparativas entre diversas crónicas e pezas numismáticas[1].
Benjamin Thorpe, na súa tradución da obra History of England under the Anglo-Saxon Kings de Johann Martin Lappenberg refírese a Guthrum II como o rei que gobernaba aos daneses de Anglia Oriental en 906 cando se asinou a paz con Eduardo o Vello[2]. Thorpe fai presunción da firma do tratado de paz entre Eduardo e o segundo Guthrum en 906, baseándose no testemuño do cronista medieval Xoán de Wallingford que menciona explicitamente a un segundo Guthrum durante o reinado de Eduardo[3]. Outro historiador, Joseph Stevenson, traduciu a Wallingford uns anos máis tarde e non acepta a lectura que fai Thorpe. Segundo Stevenson, foi o mesmo Guthrum que non morreu en 890 pero regresou a Dinamarca para gobernar ao seu pobo e de novo aparecer en Anglia Oriental máis tarde durante o reinado do fillo de Eduardo, Æthelstan e aparentemente aparece mencionado once veces entre 928 e 935[4]. Sexa como for, a crónica anglosaxoa achega información sobre a morte dun Guthrum na batalla de Tempsford en 916 que coincide co fin do reinado dos daneses en Anglia Oriental e a posterior integración do territorio como dominio de Eduardo o Vello.
Frederick Attenborough na súa obra disputa ambas as versións e apóiase na versión do historiador alemán Felix Liebermann, quen considera que o preámbulo das "Leis de Eduardo e Guthrum" non é auténtico e data o pacto durante o reinado de Æthelstan, volvendo dar protagonismo a un segundo Guthrum[5].
Sexa o documento un rexistro histórico datado en 906, reinado de Eduardo, ou un documento posterior durante o reinado do seu fillo Æthelstan, os historiadores modernos como Patrick Wordmald datan a redacción das leis cara ao ano 1000 e din que foron escritas por Wulfstan de York (m. 1023)[6].
Notas
editar- ↑ Dumville, D.N. (1998) Kings, Currency, and Alliances:History and Coinage of Southern England in the Ninth Century
- ↑ Lappenberg, Johann M. (1845) History of England under the Anglo-Saxon Kings p. 87
- ↑ Thorpe, Benjamin (1840) Ancient Laws and Institutes of England, London, I:71, nota "a".
- ↑ Stevenson, Joseph (1856) The Church Historians of England pp. 535 - 545.
- ↑ Attenborough, F. (1921) Laws of the Earliest English Kings, p. 97.
- ↑ Wormald, Patrick (2001) The Making of English Law: Legislation and Its Limits, I:389-390