Abrir o menú principal

Gustav Casmir

esgrimista alemán

Gustav Casmir, nado en Berlín o 5 de novembro de 1874 e finado o 2 de outubro de 1910, foi un tirador de esgrima alemán, gañador de catro medallas nos Xogos Olímpicos de 1906.

Gustav Casmir
Nacemento5 de novembro de 1874
 Berlín
Falecemento2 de outubro de 1910
NacionalidadeImperio Alemán
Ocupaciónesgrimista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era tío do tirador de esgrima e tamén medallista olímpico Erwin Casmir. Gustav participou, con 29 anos, nos Xogos Olímpicos de 1904 celebrados en St. Louis (Estados Unidos), onde conseguiu finalizar cuarto nas probas individuais de espada e florete. Nos Xogos Olímpicos de 1906 de Atenas (Grecia), e actualmente non recoñecidos como oficiais polo Comité Olímpico Internacional (COI), gañou a medalla de ouro nas probas de sabre or equipos e sabre (tres golpes individual), así como a medalla de prata nas probas de florete e sabre individual. Tamén parcipou na proba por equipos de espada, finalizando quinto.

Véxase taménEditar