Gustaf Munch-Petersen

artista danés

Gustav Munch-Petersen, nado en Copenhaguen o 18 de febreiro de 1912 e finado na Batalla do Ebro cando loitaba coas Brigadas Internacionais o 2 de abril de 1938, foi un escritor vangardista e pintor dinamarqués.

Gustaf Munch-Petersen
Nacemento18 de febreiro de 1912
Lugar de nacementoCopenhague
Falecemento2 de abril de 1938 e c. 2 de abril de 1938
Lugar de falecementobatalla do Ebro
Causamorto en combate
NacionalidadeDinamarca
Ocupaciónpintor, escritor e poeta
PaiJon Julius Munch-Petersen
NaiValfrid Palmgren
CónxuxeLisbet Munch-Petersen e Lisbet Munch-Petersen
FillosUrsula Munch-Petersen
Na rede
Discogs: 1015194 WikiTree: Munch-Petersen-4 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Medrou no seo dunha familia acomodada. Foi fillo de Valfrid Palmgren, sueca de nacemento, profesora asociada de sueco na Universidade de Copenhaguen, e Jon Julius Munch-Petersen, profesor en investigación de Enxeñaría na Escola Politécnica, da capital dinamarquesa. Gustaf graduouse no instituto en 1930, iniciando despois varios cursos académicos, sen ningún que lograse captar o seu interese máis aló dun curto período. En troques, enfocouse na arte (apoiado economicamente polos pais), conseguindo debutar como escritor con Det nøgne menneske (O humano espido), en 1932.

Por outra banda, tamén logrou exhibir os seus cadros en diversas exposicións en 1932. En 1935 trasladouse á illa dinamarquesa de Bornholm, onde casou con Lise Hjort. En 1937 uniuse ás Brigadas Internacionais e pelexou na guerra civil española, onde, ao ano seguinte, morreu na Batalla do Ebro. Algúns lle acreditan o berro[Cómpre referencia]: «¡No pasarán!», da Resistencia antifascista. Munch-Petersen deixou á súa muller, un fillo e familia en Dinamarca.

O seu curmán, Arne Munch-Petersen, era un comunista que morreu nos anos 40 en Moscova, durante as purgas stalinistas.

Obra Editar

  • det nøgne menneske (poesía, 1932)
  • simon begynder (novela, 1933)
  • det underste land (poesía, 1933)
  • mod jerusalem (poesía, 1934)
  • nitten digte (poesía, 1937)
  • Udvalgte Digte (publicación póstuma, 1938)
  • Udvalgte Digte (antoloxía, 1946)
  • samlede skrifter (escritos reunidos, 1959)

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar