Abrir o menú principal

Gunnar Nordahl, nado en Hörnefors o 19 de outubro de 1921 e finado en Alguer (Italia) o 15 de setembro de 1995 foi un futbolista sueco, que xogaba na demarcación de dianteiro. Por moitos é considerado o mellor xogador sueco da historia[1]. Era o pai do tamén futbolista Thomas Nordahl.

Gunnar Nordahl
Gunnar Nordahl.jpg
Información persoal
Nome completo Gunnar Nordahl
Nacemento 19 de outubro de 1921
Lugar Hörnefors, Suecia
Altura 1,85 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1938-1941 III. Kerületi TUE
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1937–1940 Hörnefors IF 41 (68)
1940-1944 Degerfors IF 77 (56)
1944-1949 IFK Norrköping 95 (93)
1949-1956 AC Milan 257 (210)
1946 AS Roma 34 (15)
Total 504 (442)
Selección nacional
1942-1948 Selección de fútbol de Suecia 33 (43)
Adestrador
1958-1959 AS Roma
1959-1961 Karlstads BIK
1961-1964 Degerfors IF
1967-1970 IFK Norrköping
1971-1973 IF Saab
1974 IK Sleipner
1975-1976 Östers IF
1977-1978 AIK Fotboll
1979-1980 IFK Norrköping
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Índice

TraxectoriaEditar

Comezou xogando en equipos menores de Suecia antes de fichar polo IFK Norrköping, co que gañou catro campionatos suecos e chegou a anotar sete goles nun so encontro.

O 22 de xaneiro de 1949 foi fichado polo AC Milan, onde tamén coincidiu durante un tempo cos seus compañeiros da selección Gunnar Gren e Nils Liedholm. Nas oito tempadas que militou no equipo italiano proclamouse cinco veces Capocannoniere (máximo anotador da Serie A). Foi capitán do equipo entre 1954 e 1956.

Unha vez que deixou o Milan fichou polo AS Roma, equipo no que se retirou en 1958, xogando a última tempada coma xogador-adestrador.

Coma xogador Nordahl mantén varios récords tanto a nivel do AC Milan, máximo anotador da historia do club, coma a nivel da Serie A, terceiro máximo goleador da historia da categoría so superado por Silvio Piola e Francesco Totti e por tanto máximo goleador non italiano, tamén mantén o récord da máis goles por tempada, con 35 tantos na tempada 1949/50

Coa selección de fútbolEditar

Debutou coa Selección de fútbol de Suecia en 1945, e tres anos despois proclamouse con ela campión olímpico nos Xogos de 1948, proclamandose tamén máximo anotador do campionato. En 1949 tivo que deixar a selección ao fichar polo AC Milan e ao impedir as normas dese momento que xogaran nela os futbolistas profesionais.

PalmarésEditar

Co Degerfors IF:

  • Máximo goleador de Suecia (1): 1943.

Co IFK Norrköping:

Co AC Milan:

Coa Selección de Suecia:

NotasEditar

  1. "Gunnar Nordahl, el mejor jugador sueco de la historia", artigo de Julio Muñoz na web Colgados por el fútbol, 24 de agosto de 2013 (en castelán).

Véxase taménEditar