Francesco Totti
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Francesco Totti, nado en Roma o 27 de setembro de 1976, é un exfutbolista italiano. Xogaba de dianteiro no AS Roma, equipo no que militou en toda a súa carreira profesional, retirándose o 17 de xullo de 2017.
Francesco Totti | |||
---|---|---|---|
![]() Totti xogando co Roma en 2013 | |||
Información persoal | |||
Nome | Francesco Totti | ||
Nacemento | 27 de setembro de 1976 (47 anos) | ||
Lugar de nacemento | Roma | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Dianteiro / Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Roma | ||
Número | 10 | ||
Carreira xuvenil | |||
1984 | Fortitudo | ||
1984–1986 | Smit Trastevere | ||
1986–1989 | Lodigiani | ||
1989–1992 | Roma | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1992– | Roma | 551 | (232) |
Selección nacional | |||
1992 | Italia sub-15 | 6 | (3) |
1991–1992 | Italia sub-16 | 13 | (2) |
1993–1995 | Italia sub-18 | 14 | (7) |
1995–1997 | Italia sub-21 | 8 | (4) |
1997 | Italia sub-23 | 4 | (2) |
1998–2006 | Italia | 58 | (9) |
Na rede | |||
https://www.francescototti.com/ | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 9 de febreiro de 2014. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Vida privada editar
Francesco Totti está casado coa modelo italiana Ilary Blasi,[1] coa cal casou o 19 de xaneiro de 2005. A súa voda foi transmitida en vivo pola canle de televisión SKY TG24 e foi vista por máis dun millón de televidentes.[2] Ten dous fillos: Cristian, nado o 6 de novembro de 2005, e Chanel, nada o 13 de maio de 2007.
Dirixe unha escola de fútbol para cativos chamada «Número Dez»,[3] tamén posúe un equipo de motociclismo denominado «Totti Top Sport».
É embaixador do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia,[4] publicou dous libros de chistes, co obxectivo de recadar cartos para obras benéficas. Algunhas das bromas foron filmadas tendo a Totti como protagonista xunto a outros futbolistas, como Alessandro Del Piero, Gianluigi Buffon, Christian Vieri, Antonio Cassano, Marco Delvecchio, Alessandro Nesta e o técnico Giovanni Trapattoni.
Colecciona camisetas de equipos de todo o mundo en diferentes disciplinas deportivas.[5] No ano 2003, despois do encontro entre Italia e Irlanda no Torneo das Seis Nacións de rugby, os xogadores irlandeses Brian O'Driscoll e Denis Hickie recibiron unha camiseta de Totti a cambio das súas. No 2004 apareceu na portada do videoxogo Pro Evolution Soccer 4 xunto con Thierry Henry e Pierluigi Collina.[6]
Notas editar
- ↑ "Ilary Blasi, la esposa de Totti, una diosa de toda la cancha". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2010. Consultado o 01 de outubro de 2010.
- ↑ "Biografia di Francesco Totti - Curiosità". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2007. Consultado o 01 de outubro de 2010.
- ↑ "Vida fuera del fútbol". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 01 de outubro de 2010.
- ↑ "Francesco Totti, amigo de UNICEF y gran figura del fútbol italiano". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2014. Consultado o 01 de outubro de 2010.
- ↑ "Additional information". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2010. Consultado o 01 de outubro de 2010.
- ↑ "Konami Sign Henry, Totti and Collina New". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 01 de outubro de 2010.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Páxina oficial do xogador Arquivado 02 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en italiano) (en castelán) (en inglés)