Guillermo Torrado Jáudenes
Guillermo Torrado Jáudenes, nado en Abanqueiro (Boiro) en 1873 e finado na mesma parroquia en febreiro de 1956, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 Boiro, España |
Morte | 1956 (82/83 anos) |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Nos anos dez promoveu e presidiu na súa parroquia o Sindicato Agrícola Católico de San Cristóbal. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Boiro en febreiro de 1924 até xaneiro de 1930. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 integrouse na candidatura da Unión Monárquica Nacional, que triunfou, pero ao ser anuladas as eleccións coa proclamación da República, quedou á marxe do xogo político. En 1932 fundou a Unión de Derechas de Boiro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado civil e alcalde en agosto para substituír o dimitido Bernardino López. Abandonou o cargo en febreiro de 1939.
Predecesor: ? |
Alcalde de Boiro 1924 - 1930 |
Sucesor: ? |
Predecesor: Bernardino López |
Alcalde de Boiro 1936 -1939 |
Sucesor: ? |