Guillermo Santoro

empresario galego

Guillermo Santoro Sánchez-Harguindey, de malnome Mirko[1], nado en Vigo en 1933 e finado na mesma cidade o 2 de novembro de 2012[2], foi un empresario galego, coñecido por ser membro da banda armada Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación.

Infotaula de personaGuillermo Santoro
Biografía
Nacemento1933 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de novembro de 2012 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de médico[3], o vigués Guillermo Santoro estivo vinculado ao Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación[4], un grupo armado violento de inspiración marxista revolucionaria, que na década de 1960 realizou atentados en diversas cidades de España e de Portugal, e que chegou a secuestrar un barco entre La Guaira e Lisboa, o paquebote Santa Maria.

Residente en Francia[3], como membro dese grupo armado Santoro participou en distintos atentados en xuño de 1960 contra estacións ferroviarias en Barcelona, Bilbao e Donostia, mais só neste último houbo vítimas mortais. O 25 de xuño de 1960 Santoro mercou unha maleta en Donostia[4], encheuna de explosivos e levouna o día 26 á estación de tren de Amara, en Donostia. A maleta foi detonada na consigna da estación o 27 de xuño de 1960, e causou seis feridos[5] e a morte dunha nena de 20 meses[4]. A acción foi reivindicada días despois polo líder do DRIL, Henrique Galvão, e con todo durante moitos anos tívose como un atentado da ETA[4].

No atentado, Santoro supostamente colaborou con outro membro do DRIL, Reyes Marín[4] e con Arturo González-Mata[6]. Con el fuxiu a Tolosa[6], e de aí a Bélxica, onde en Liège foi detido pola policía belga en agosto de 1960[4]. Durante a detención a policía belga apreixou armas e explosivos. O goberno español reclamou a súa extradición, pero nunca se produciu. Un informe da CIA, posterior a agosto de 1960, sitúao en Alemaña[7], pero non o sitúa entre os que foran arrestados en Bélxica. En 1978, José Fernández, Comandante Sotomayor, antigo dirixente do DRIL, sinalou nas súas memorias que a autoría do atentado fora de Guillermo Santoro.

Guillermo Santoro continuou a vivir en Francia, onde chegou a ter unha empresa ao seu nome[8] preto da fronteira con Italia e Suíza. Volveu a Vigo, onde faleceu en 2012.

Notas editar

  1. "El jefe del comando que mató a la niña Begoña Urroz acabó de 'lugarteniente' del Che Guevara". ELMUNDO. 2019-06-30. Consultado o 2020-07-15. 
  2. "Guillermo Santoro S. Harguindey". Esquelas de Galicia. 2 de novembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 Leyenda, Alberto. "Pero, ¿quién mató a Begoña?". Faro de Vigo (en inglés). Consultado o 2020-07-21. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Aizpeolea, Luis R. (2020-06-23). "Fin de la polémica: el DRIL mató a la niña Begoña Urroz". El País (en castelán). Consultado o 2020-06-24. 
  5. "Podcast del centro memorial sobre el caso Begoña Urroz". Fundación Centro para la Memoria de las Víctimas del Terrorismo (en castelán). Consultado o 2020-06-24. 
  6. 6,0 6,1 "Informe revela nexos entre organización terrorista española y 'Che' Guevara". La Gran Época (en inglés). 2019-07-01. Consultado o 2020-06-24. 
  7. CIA (Non dispoñible [posterior a agosto de 1960]). [Informe da CIA]. 
  8. "Monsieur Guillermo Santoro Sánchez (Les Belleville) Chiffre d'affaires, résultat, bilans sur SOCIETE.COM - 342543204". www.societe.com. Consultado o 2020-06-24.