Guillermo Peinador Vega

avogado, xuíz e político galego

Guillermo Peinador Vega, finado en Carballo o 4 de maio de 1936, foi un avogado, xuíz e político galego.

Infotaula de personaGuillermo Peinador Vega
Biografía
Morte4 de maio de 1936 Editar o valor em Wikidata
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Carballo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xuíz , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi xuíz de instrución de Ordes (1913) e en 1914 foi nomeado xuíz de instrución de Carballo.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Carballo o 21 de xaneiro de 1924. Foi elixido presidente do comité local da Unión Patriótica de Carballo en setembro de 1927.[2] Cesou como alcalde o 11 de abril de 1930.[3] Foi nomeado xuíz de instrución de Bande en xaneiro de 1933,[4] e posteriormente foi xuíz de instrución de Ordes. Finou en Carballo o 4 de maio de 1936.[5][6]


Predecesor:
Manuel Varela Loureiro
  
Alcalde de Carballo
 
1924 - 1930
Sucesor:
Manuel Rodríguez Mes

Vida persoal editar

Casou en Carballo con Cándida Varela Enríquez en 1915,[7] e foi pai de María Victoria, María Elisa e Guillermo Peinador Varela.

Notas editar

  1. El Correo de Galicia, 22-7-1914, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 22-9-1927, p. 1.
  3. La Voz de Galicia, 1-3-1930, p. 5.
  4. El Compostelano, 7-1-1933, p. 2.
  5. Diario de Pontevedra, 5-5-1936, p. 2.
  6. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-5-1936, p. 5.
  7. El Progreso, 26-6-1915, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas s editar