Guillermo Mordillo

Guillermo Mordillo, nado en Buenos Aires o 4 de agosto de 1932 e finado en Calvià o 29 de xuño de 2019, foi un debuxante arxentino, recoñecido pola súas ilustracións a toda cor, cómicas e mudas en especial sobre o amor e o mundo do deporte recompiladas en diversos libros traducidos a varias linguas. Asinaba simplemente como Mordillo.

Infotaula de personaGuillermo Mordillo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1932 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xuño de 2019 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Palma Nova, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCaricatura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista de banda deseñada , escritor Editar o valor em Wikidata
Interesado enGolf, fútbol e Xirafa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa, lingua francesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmordillo.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: Mordillo.official.fanpage Dialnet: 5362919 Tebeosfera: mordillo_menendez_guillermoEditar o valor em Wikidata
Mordillo asinando un exemplar dun dos seus libros na Feira do Libro de Frankfurt de 2012

Traxectoria editar

Fillo de pais españois, criouse no barrio de Villa Pueyrredón. En 1948 logrou o certificado de ilustrador na Escola Superior de Xornalismo. Entre 1950 e 1952 traballou no estudio de animación de José Burone Buché ao tempo que adaptaba contos infantís clásicos en libros ilustrados de pequeno formato para a editorial Codex[1]. En 1952 fundou o seu propio estudio de animación coñecido como Estudios Galas mentres seguía a publicar tiras cómicas en revistas, salientando a súa colaboración coa revista Peter Pan de Codex para a que ilustrou tapas e realizou as series "Hociquito Peter" e "El Conejo Fosforito"[2]. Entre 1955 e 1960 viviu en Lima como traballador independente para a compañía de publicidade McCann Erickson, e alí tamén converteu fábulas en libros ilustrados como é o caso das Fábulas de Esopo da Editorial Iberia en 1958. A partir de 1959 traballou como ilustrador de tarxetas de felicitación para Hallmark Cards, debuxando personaxes redondos e asexuados [3]. En 1960 marchou a vivir a Nova York como empregado dos estudios de Paramount Cartoons colaborando na animación da serie Popeye the Sailor e en dúas curtas de Little Lulu, tamén creou dúas personaxes para a curta Trick or Tree (1961) de Seymour Kneitel. En 1963 deixou os Estados Unidos por Europa para se establecer en París, onde colaborou con revistas francesas como Paris Match, Marie Claire ou Lui ou mesmo a alemá Stern. Entre 1972 e 1980 colaborou [4] coa revista de banda deseñada xuvenil Pif Gadget. En 1980 foi vivir a Mallorca, foi presidente da Association internationale des auteurs de comics et de cartoons con sede en Xenebra e dende 1997 moraba en Mónaco [5].

Estilo editar

Mordillo debuxa de xeito recorrente un personaxe universal mudo, illado en grandes espazos urbanos ou naturais moi minuciosos[6]. O seu debuxo é moi redondo e á vez poético e absurdo. O seu universo desenvólvese en grandes contornas, illas desertas, terreos de xogo, montañas en forma de campá ou frondosas forestas. A súa orixinalidade consiste na redondez do trazo mais tamén no feito de manter en branco a pel dos seus personaxes, que son así recoñecibles de inmediato, sobre todo se o conxunto está cheo de cores.

Libros editar

  • Le Galion, 1970, Harlin Quist, París
  • The Collected Cartoons of Mordillo, 1971, Crown Publishers, Nova York.
  • Crazy Cowboy, 1972, Harlin Quist Inc., Nova York-París
  • Das Giraffenbuch, 1973, Insel Verlag, Frankfurt
  • Das Giraffenbuch II, 1974, Insel Verlag, Frankfurt
  • Crazy Crazy Das Dschungelbuch, 1974, Insel Verlag, Frankfurt
  • Grosse Pläne kleine Steine, 1975, Friedrich W.Heye Verlag, Múnic
  • Mordillo's Träumereien - und andere wunderliche Geschichten, 1975, Insel Verlag, Frankfurt
  • Der kleine Mordillo, 1976, Verlag Gerhard Stalling AG, Oldenburg
  • Opus I, 1976, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Múnic
  • carton No 5 (Mordillo) - Les Cahiers du Dessin D'Humour, 1976, Edition Glenat
  • Mordillo: Cartoons zum Verlieben, 1977, Deutscher Taschenbuch Verlag GmbH & Co. KG, Múnic
  • Opus II, 1978. Friedrich W.Heye Verlag, Múnic
  • Opus III, 1978, Friedrich W.Heye Verlag, Múnic
  • Opus IV, 1978, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Hamburg -
  • Wie eine Jungfrau entsteht, 1978, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Múnic
  • La Coppia, 1979, Arnoldo Mondadori Editore, Milán
  • Mordillo Giraffenparade, 1980, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Múnic
  • Variationen über das menschliche Wesen Cartoons, 1980, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Hamburgo
  • Mordillo Football, 1981. Wilhelm Heye Verlag, Múnic
  • Neue Variationen über das menschliche Wesen Cartoons, 1981, Friedrich W.Heye Verlag, Hamburgo
  • Mordillo: Giraffenparade Cartoons, 1982, Deutscher Taschenbuch Verlag GmbH & Co. KG, Múnic
  • Opus V, 1983, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Hamburgo
  • Eckbälle und Zwischenfälle, 1985, Eulenspiegel Verlag, Berlín.
  • Mordillo Lovestory, 1985. Editions Glénat, Grenoble
  • Mordillo Blick zurück nach vorn, 1985, Wilhelm Heye Verlag, Múnic
  • Mordillo Golf,1987. Wilhelm Heyne Verlag, Múnic
  • Mordillo Safari, 1990, Wilhelm Heyne Verlag, Múnic
  • Mordillo Deine Sterne Das grosse Geburtstagsbuch, 1992, Wilhelm Heye Verlag, Múnic
  • Mordillo Cartoons, 1992. Wilhelm Heye Verlag, Múnic
  • Mordillo Amore Amore, 1994. Arnoldo Mondadori Editore, Milán
  • Mordillo für Sportler, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo für Verliebte, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo zur Hochzeit, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo für den tollen Mann, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo für die tolle Frau, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo für Urlauber, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg.
  • Mordillo Für Fussballfans!, 1997, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo Für Das Leben Zu Zweit! 1997, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo Für Erfolgreiche!, 1997, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg.
  • Mordillo für Hundefreunde, 1997, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo Zusammen!, 2003, Lappan Verlag GmbH, Múnic
  • Mordillo Eine Liebesgeschichte, 2005, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo Starke Frauen, 2006, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo Tolle Männer, 2006, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo Alles Gute!, 2007, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo für Golfer, 2007, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo zur Hochzeit, 2008, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo für Fussballer, 2010, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo Auf die Liebe!, 2012, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
  • Mordillo Inselcartoons, 2012, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg

Notas editar

  1. "Guillermo Mordillo". Lambiek Comiclopedia
  2. "Mordillo". Tebeosfera
  3. "Mordillo, humor universal, origen en Sama".La Nueva España, 20 de setembro de 2009
  4. Richard Medioni (2012) Mon camarade, Vaillant, Pif Gadget : l'histoire complète, 1901-1994 . Éditions Vaillant, p. 487
  5. "An interview sith Guillermo Mordillo". Irancartoon, xuño de 2019
  6. Le Figaro, 1 de xullo de 2019