Guillerme II de Warenne

Guillerme II de Warenne, nado contra o ano 1071 e finado o 11 de maio de 1138, foi un nobre anglonormando, conde de Surrey e señor de Bellencombre e Mortemer.

Modelo:BiografíaGuillerme II de Warenne
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor en Wikidata
Morte11 de maio de 1138 Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLewes Priory (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde de Surrey (título) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIsabel de Vermandois, Condessa de Leicester (1118 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosRalph de Warenne, Gundred de Warenne, William de Warenne, 3rd Earl of Surrey, Ada de Warenne, Reginald de Warenne Editar o valor en Wikidata
PaisGuilherme de Warenne, 1.º Conde Surrey Editar o valor en Wikidata  e Gundred, Countess of Surrey Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Warenne-25
Guillerme tiña importantantes posesións en Normandía. Na imaxe ruínas da abadía de Mortemer fundación de Henrique I en 1134 no señorío de Mortemer, posesión de Guillerme

Traxectoria

editar

Fillo do primeiro conde de Surrey, Guillerme I e da súa primeira muller, Guntred. Acompañou a Robert Courteheuse, duque de Normandía e irmán de Henrique I de Inglaterra na súa tentativa de invasión de Inglaterra de 1101. Despois do acordo dos dous irmáns, Guillerme perde as súas posesións inglesas e ten que se exiliar en Normandía. Con todo reconciliouse en Henrique e foi un dos seus comandantes na batalla de Tinchebray na cal se derrotou ao duque de Normandía. No ano 1110 o fillo de Robert, Guillerme Cliton coa axuda de Helías de Saint-Saens que era un dos encargados de custodialo, como consecuencia Guillerme de Warenne recibiu as terras confistadas a Saint-Saens.

No ano 1118 casou con Isabel de Vermandois, filla de Hugo I de Vermandois. Guillerme foi tamén un dos comandantes da batalla de Brémule e estivo no leito de morte do rei Henrique en 1135 e foi un dos cinco nobres que escoltaron o seu corpo ata Ruán.

Descendencia

editar

Coa súa dona Isabel tivo tres fillos e dúas fillas: