Guerra dos Emboabas

A Guerra dos Emboabas foi unha revolta ocorrida no Brasil de 1707 a 1709, tamén chamada "a loita polo ouro".

Guerra dos Emboabas

Data: 1707-1709
Lugar: Minas Gerais
Desenlace: Vitoria dos "emboabas"
Resultado: Fuxida dos paulistas da rexión e creación da Capitanía de São Paulo e Minas de Ouro
Combatentes
Paulistas

Bandeirantes

"Emboabas" portugueses

"Emboabas" doutras colonias

Comandantes
Amador Bueno da Veiga Manuel Nunes Viana
Bento de Amaral de Coutinho
Forzas en combate
1.300 hombres (1709)[1] 3.000 hombres (1707)[2]

Antecedentes

editar

En novembro de 1708, a localidade de Cachoeira do Campo foi lugar dunha das máis sanguentas batallas xamais ocorridas no actual estado de Minas Xerais. Os paulistas (os nados ou residentes onde se sitúa hoxe o estado de São Paulo), descubridores das minas de ouro da rexión, reivindicaban para si o dereito total da súa explotación. Os que non estaban conformes con isto, provenientes doitras rexións do Brasil e da metrópole portuguesa e liderados polo portugués miñoto Manuel Nunes Viana, ficaron coñecidos como "emboabas" (palabra do tupi que significa galiñas calzadas, unha referencia pexorativa ó hábito dos portugueses, ata entón estraño para os paulistas, de usaren calzas e botas). Este conflito acabou xerando unha disputa armada coñecida como a Guerra dos Emboabas.

A Guerra dos Emboabas

editar

Os episodios desa guerra aínda non foron totalmente esclarecidos, pois hai unha gran parcialidade nos relatos, feitos na súa maioría polos adversarios dos paulistas.

Dende o inicio da carreira polo ouro, os paulistas consideráronse donos das minas, sexa por seren eles os descubridores do lugar, sexa polo feito de que aquela rexión formase parte da capitanía de San Vicente. Proba diso foi unha petición da Cámara de São Paulo, a 7 de abril de 1700, que requiriu o outorgamento das terras de Minas Xerais exclusivamente ós paulistas. Mentres tanto, os colonos da Baía ou de Pernambuco estaban moito máis ligados ós portugueses que ós paulistas, que eran na súa maioría mestizos, e falaban en tupi-guaraní. Os nomes que se puxeron os uns aos outros amosaban as súas diferenzas: os paulistas eran chamados de "nómades", ou "bandoleiros sen lei" e eles, pola súa parte, alcumaban aos forasteiros como emboabas. Emboabas non eran só os portugueses, senón tamén calquera outro que viñese doutra colonia. Na guerra que tivo lugar, os baianos e pernambucanos e os outros considerados estranxeiros, ficaron do lado dos portugueses.

Para os paulistas, aqueles que non participaron dos esforzos na procura de ouro non deberían ter os mesmos dereitos na explotación. A tensión entre os paulistas (tamén chamados "vicentinos") e os demais crecía pola propia arrogancia dos paulistas e pola resistencia dos emboabas. A pesar de vivir xuntos nas rexións poboadas das minas, non se mesturaban. Ó contrario, xuntábase cada grupo cun representante. O ex-bandeirante (nome que se dá en portugués ós comandantes das primeiras expedicións de exploración no interior do Brasil) Manuel de Borba Gato era o líder dos paulistas. Os Emboabas, pola súa banda, eran liderados por Manuel Nunes Viana, portugués que chegara a Bahia cando aínda era novo e coñecido por actos de coraxe que o trouxeron á rexión, onde era propietario de lucrativas minas.

En 1707, na rexión do Arraial Novo, dous dos xefes máis importantes dos paulistas foron linchados polos emboabas. Con medo de vinganza, os agresores fuxiron cara á selva, ficando apenas un pequeno grupo na resistencia. Os paulistas, porén, limitáronse a enterrar ós seus xefes e non se enfrontaron ós emboabas. Iso animou ós emboabas que fuxiran á selva a volver, perdéndolle o medo ós paulistas. En 1708, tivo lugar un choque inevitable e os dous bandos volveron á loita. Manuel de Borba Gato interveu, facendo fuxir a Nunes Viana ao distrito do Río das Velhas, mais sen conseguir finalmente os seus obxectivos.

Fixéronse varias tentativas de acordo, máis ningunha delas tivo éxito. Os emboabas tomaron a iniciativa de desarmar todos os paulistas que encontraban, pensando que estes preparaban un grande ataque contra eles. Houbo pouca resistencia e, a finais de 1708, os emboabas xa tiñan o control de dúas das tres áreas de explotación mineira máis importantes. Os paulistas refuxiáronse no distrito de Rio das Mortes. Os emboabas reuníronse e proclamaron a Manuel Nunes Viana como gobernador da rexión mineira.

Despois de garantiren a súa supremacía na rexión, os emboabas encargáronlle a Bento de Amaral de Coutinho que expulsase ós paulistas restantes. Os paulistas contraatacaron, pero rendéronse despois de loitar debido ás divisións internas cando chegaron os reforzos emboabas[1]. Durante a expulsión dos paulistas tivo lugar o episodio chamado na historia do Brasil como a Capão da Traição. Durante a batalla, o emboaba Bento de Amaral propúxolle un acordo de rendición ós paulistas, pero, cando depuxeron as armas, os paulistas foron traizoeiramente masacrados.

Desenlace

editar

O enfrontamento terminou en 1709, grazas á intervención do gobernador do Río de Xaneiro, António de Albuquerque Coelho de Carvalho. Sen os privilexios desexados e sen forzas para loitar, os paulistas retiráronse da rexión. Moitos deles marcharon para o oeste, onde máis tarde descubrirían novos xacementos de ouro nos actuais estados do Mato Groso e Goiás.

  1. 1,0 1,1 Donato, 1996: 89
  2. Donato, 1996: 88

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar