Guerra contra Nabis

A guerra contra Nabis foi o enfrontamento bélico ocorrido no ano -195 entre Esparta, polis gobernada polo tirano Nabis, e unha coalición conformada pola Liga Aquea, Pérgamo e Rodas, que comtaba co apoio da República de Roma e o Reino de Macedonia. O conflito tamén é coñecido como a guerra laconiana ou guerra romanoespartana.

Guerra contra Nabis

Reino de Esparta, ó sur do Peloponeso.
Data -195
Lugar Laconia e Argólida
Resultado Vitoria da coalición contra Esparta
Belixerantes
Esparta
Argos
Liga Aquea
Pérgamo
Rodas
República de Roma
Reino de Macedonia
Líderes
Nabis
Pitágoras de Argos
Dexagóridas
Gorgopas
Tito Quincio Flaminino I
Eumenes II de Pérgamo
Aristaenos
Forzas en combate
30 000+[1] ~50 000,[2]
98 barcos
Mapa do Peloponeso contra o ano -200.

Durante a Segunda Guerra macedónica (-200 a -196), Macedonia cedera a Esparta o control sobre Argos, unha cidade importante da costa exea do Peloponeso. A longa ocupación de Argos por Esparta foi empregado como un pretexto por Roma e os seus aliados para declarar a guerra e estabelecer un asedio sobre Argos, capturar a base naval espartana de Xition e, finalmente, asediar a mesma Esparta. As negociacións posteriores levaron a paz de acordo coas condicións impostas por Roma, baixo as cales Argos e as cidades costeiras de Laconia eren liberadas do dominio espartano e os perdedores foron obrigados a pagar unha importante indemnización de guerra. Argos quedou integrada na Liga Aquea, e as cidades de Laconia quedaron baixo protección aquea.

Como resultado da guerra, Esparta perdeu a súa posición como un dos principais poderes militares de Grecia. Todos os intentos espartanos por recuperar as perdas fracasaron, e Nabis, o derradeiro dos seus soberanos, foi asasinado. Pouco despois, Esparta quedaría integrada dentro da Liga Aquea, a súa gran rival, e así concluíron uns cantos séculos de independencia política.

Notas editar

  1. (en inglés) Maurice Holleaux. Rome and the Mediterranean; 218-133 B.C, 190
  2. (en inglés) Maurice Holleaux,Rome and the Mediterranean; 218-133 B.C, 191

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Polibi. The Rise of the Roman Empire. Nova York: Penguin Classics, 1979. Tradución inglesa de Frank W. Walbank ISBN 0-14-044362-2.
  • Baltrusch, Ernst (1998). Sparta. Múnic: C.H. Beck. ISBN 3-406-41883-X
  • Cartledge, P; Spawforth, A. (2002). Hellenistic and Roman Sparta: A tale of two cities. Londres: Routledge. ISBN 0-415-26277-1.
  • Green, Peter (1990). Alexander to Actium: The Historical Evolution of the Hellenistic Age. Os Ánxeles: University of California Press. 2a edició. ISBN 0-500-01485-X.
  • Gruen, Erich (1984). The Hellenistic World and the Coming of Rome. Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 0-520-05737-6.
  • Livi, Titus. Rome and the Mediterranean. Londres: Penguin Classics, 1976. Tradución inglesa de Henry Bettison. ISBN 0-14-044318-5.
  • Holleaux, Maurice (1930). Cambridge Ancient History: Rome and the Mediterranean; 218-133 B.C.. Vol VIII. Os Ánxeles: Cambridge University Press. 1ª edición.
  • Smith, William (1873). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Londres: John Murray.
  • Warry, John (1995). Warfare in the Classical World Londres (Reino Unido), University of Oklahoma Press, Norman Publishing Division of the University by special arrangement with Salamander Books Ltd. Edición 2006. ISBN 0-8061-2794-5.