Gueral de Abaixo, Anfeoz, Cartelle
Gueral de Abaixo é un lugar da parroquia de Anfeoz no concello ourensán de Cartelle na comarca da Terra de Celanova. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña 37 habitantes (20 homes e 17 mulleres), dous menos ca en 2010 (20 homes e 19 mulleres).
Gueral de Abaixo | |
---|---|
Parroquia | Anfeoz |
Concello | Cartelle |
Coordenadas | 42°13′35″N 8°00′23″O / 42.226444444444, -8.0064166666667 |
Poboación | 37 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarGueral de Abaixo está situada a carón do regueiro da Teixeira que rega os seus campos e permiten o cultivo de regadío nas súas veigas. Ademais da agricultura, a apicultura é unha actividade de grande arraigo na aldea, que na actualidade ten colmeas repartidas por distintas zonas. A aldea atópase en proceso de concentración parcelaria dentro da zona do Mundil.
O monte comunal do Outeiro Maior ten 45 hectáreas. Nel hai piñeiros do país e pequenas zonas de carballos. Alí viven xabaríns, corzos e lobos, ademais dunha gran variedade de especies de mamíferos e aves.
Mitoloxía
editarSegundo a lenda, no Outerio das Meigas, ao leste da aldea, realizábanse de noite conxuros de meigas, logo das cales quedaban no lugar cabelos loiros debaixo das pedras.
Festas
editarO 29 de xuño celébrase a festa de San Pedro, venerado na capela da aldea veciña de Gueral de Arriba, na parroquia do Mundil.
Lugares e parroquias
editarLugares de Anfeoz
editarLugares da parroquia de Anfeoz no concello de Cartelle (Ourense) | |
---|---|
Gueral de Abaixo | Mirós | A Pena | Piñeira | Sabuz | Santa Baia de Anfeoz | Soutelo | A Teixeira | Vilar da Ponte |
Parroquias de Cartelle
editarNotas
editar- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2013.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Cartelle – Anfeoz" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 5 de xaneiro de 2013.