Abrir o menú principal

A grosularia ou grosularita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo nesosilicatos e dentro destes é un granate pola típica forma isométrica dos seus cristais, con 12 ou 24 caras trapezoidais. É un silicato de calcio e aluminio, de color normalmente esbrancuxada ou alaranxada.

Grosularia
Grossularia - Quebec, Canada.jpg
Fórmula químicaCa3Al2(SiO4)3
ClaseSilicato
SubclaseNesosilicato
Sistema cristalinoCúbico, Isométrico
CorDe parda a incolora, gris, verde, amarelo
BrilloDe vítreo a resinoso
Dureza6,5 - 7 (escala de Mohs)
FracturaSubconcoidal
RaiaBranca pardusca
Densidade3,57 g/cm³

O nome deriva do latín grossularia, que significa grosella, chamada así pola redondez dos seus cristais que ademais se presentan en grupo similares a acios destes froitos.

Sinónimos pouco usados deste mineral son colofonita, ernita, olyntholita, tellemarkita, viluita e wilouita.

Índice

Ambiente de formaciónEditar

Normalmente fórmase a partir de rochas calcarias, ou sedimentarias silíceas, sometidas a metamorfismo de contacto pola proximidade dunha cámara magmática. Tamén se pode formar por metamorfismo rexional.

Algúns minerais asociados son mica, clorita, diópsido, calcita e serpentinita.

A variedade hesonita (de color verde) atópase tamén entre as rochas metasomáticas enriquecidas en calcio.

Localización, extracción e usosEditar

Atopáronse importantes depósitos deste granate en Asbestos (Canadá), México, Quenia, Italia e Sri Lanka.

A variedade sosolita procede de Morelos e Chihuahua (México) e a variedade hesonita de Tanzania e Quenia.

É un mineral que se comercializa como xema, tallando os cristais puros e de bela color. Son xemas de grandes cualidades a pesar de ser pouco coñecidas no mercado. Os mellores exemplares son moi codiciados por coleccionistas.

Véxase taménEditar