Griselda Pollock
Griselda Pollock, nada en Bloemfontein o 11 de marzo de 1949,[1] é unha teórica das artes visuais, analista cultural e historiadora da arte británica especialista en estudos feministas poscoloniais.[2] Dedicou parte da súa obra ó estudo da relación entre a muller e a arte. É coñecida pola súa innovación teórica e metodolóxica, combinada con lecturas de arte histórica e contemporánea, cine e teoría cultural. Dende 1977, Pollock foi unha das estudosas máis influentes da arte moderna, de vangarda, arte posmoderna e arte contemporánea. Tamén exerceu grande influencia na teoría feminista, a historia da arte feminista e os estudos de xénero.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1949 (75 anos) Bloemfontein, Suráfrica |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Instituto Courtauld (pt) - Doutora en filosofía (–1980) Instituto Courtauld (pt) - mestría en artes (–1972) Universidade de Oxford - grao en Artes (–1970) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia da arte e Estudos de xénero |
Ocupación | historiador da arte , crítico de arte , profesora universitaria , escritora |
Empregador | Faculty of Environment (en) (1990–) Universidade de Leeds (1977–) Universidade de Manchester (1974–1977) Universidade de Reading (1972–1974) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | Pamela Ann Elizabeth Crawford (en) , Louise Ann Parsons (en) , Joanne Margaret Heath (en) , Hilary Robinson (pt) e Paula Georgina Farrance (en) |
Premios
| |
Páxina web | fine-art.leeds.ac.uk… |
Traxectoria
editarNaceu en Suráfrica e trasladouse coa súa familia ó Canadá, onde pasou a súa adolescencia. Posteriormente trasladouse a Gran Bretaña onde estudou Historia Moderna na Universidade de Oxford (1967-1970) e Historia da arte Europea no Courtauld Institute of Art (1970-72). Recibiu o seu doutoramento en 1980 cun estudo sobre Vincent van Gogh e a pintura dos Países Baixos: unha lectura das súas nocións do moderno. Despois de ensinar nas Universidades de Reading e Manchester ingresou na Universidade de Leeds en 1977 como profesora de Historia da arte e Cine e foi nomeada Catedrática de Historias Sociais e Críticas da arte en 1990. En 2001 converteuse en Directora do Centro de Análise Cultural, Teoría e Historia na Universidade de Leeds, onde é Profesora de Historias Sociais e Críticas da arte.[4] En 2017, Griselda Pollock celebrou 40 anos de docencia na Escola de Belas Artes, Historia da arte e Estudos Culturais na Universidade de Leeds.
Notas
editar- ↑ Sleeman 2002, p. 453.
- ↑ Chilvers & Glaves-Smith 2009, p. 561.
- ↑ See Sue Malvern, "Griselda Pollock", in Chris Murray (ed.), Key Writers on Art: The Twentieth Century (Londres: Routledge, 2002) p. 199f.
- ↑ Griselda Pollock, Looking Back to the Future (Londres: Routledge, 2001) p. 363.