Grimoaldo o Mozo
Grimoaldo II (en francés, Grimoald II ou Grimoald de Herstal), chamado o Mozo, finado en 714 en Liexa, foi un nobre franco da familia dos Arnulfianos, que foi mordomo de palacio de Neustria desde o 695 ao 714, de Burgundia desde o 700 ao 714 e duque de Champaña e de Burgundia desde o 708 ao 714.
Grimoaldo o Mozo | |
---|---|
Mordomo de palacio de Neustria Mordomo de palacio de Burgundia | |
![]() | |
Representación de Grimoaldo II | |
Outros títulos | Duque de Champaña Duque de Burgundia |
Falecemento | 714 Liexa |
Cónxuxe/s | Teodesinda |
Descendencia | Teodobaldo |
Casa real | Arnulfianos |
Proxenitores | Pipino de Heristal Plectruda |
Irmáns | Carlos Martel Drogo Childebrando I |
Na rede | |
![]() | |
Traxectoria Editar
Era o segundo fillo de Pipino de Heristal e Plectruda. En 695, á morte de Nordeberto, mordomo de palacio de Neustria, instalado por Pipino, Grimoaldo, cando era moi mozo, foi designado polo seu pai para sucedelo.[1]
No 700, o seu pai tamén o nomeou mordomo de palacio de Borgoña.[2]
Finalmente, á morte do seu irmán máis vello Drogo, Pipino o Mozo transmitiulle as súas responsabilidades, as de duque de Champaña e duque de Burgundia.[2]
O 13 de decembro de 710 foi nomeado testemuño nunha doazón feita polo rei Khildeberto IV en favor da abadía de Saint-Denis.[2]
En abril de 714, durante unha viaxe para visitar a tumba de san Lamberto en Liexa, mentres rezaba, foi asasinado por un frisón pagán chamado Rangar,[1][2] parece ser que ao servizo do seu sogro. A menos que o asasinato se producise na estrada de volta de Liexa, como afirma Pierre Riché.[3]
Unións e fillo Editar
Segundo o Liber Historiae Francorum, Grimoaldo tivo primeiro un fillo ilexítimo, Teodebaldo, dunha concubina.[4] Despois, tras unha vitoria contra os frisóns, no 711, o seu pai Pipino asinou a paz con Radbod, duque dos frisóns, que se negou a converterse ao cristianismo, pero aceptou que a súa filla Teudesinda fose bautizada e casase con Grimoaldo.[1][2][5]
Xenealoxía Editar
Arnolfo (ca. 582 † 641) bispo de Metz | Doda | Pipino de Landen (v.580 † 640) mordomo de palacio | Ita († 652) abadesa de Nivelles | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ansexisa († entre 648 e 669) | Bega (ca. 620 † 693) | Hugoberto | Irmina abadesa de Oeren | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
{{{Ÿ}}} | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pipino de Heristal (ca. 645 † 714) mordomo de palacio | Plectruda | Radbod († 719) duque dos frisóns | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Unha concubina | Grimoaldo II († 714) mordomo de palacio | Theudesinde | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Teodebaldo († 741) mordomo de palacio | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Settipani 1993, pp. 163-164
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Merovingian Nobility".
- ↑ Riché 1983, p. 43
- ↑ Para a discusión de se Teodebaldo era fillo ilexítimo ou lexítimo, ver o artigo Teodebaldo, mordomo de palacio.
- ↑ Riché 1983, p. 40
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Mourre, Michel (2007): Le Petit Mourre. Dictionnaire d'Histoire universelle Éditions Bordas. ISBN 978-2-0473-2194-2.
- Riché, Pierre (1983): Les Carolingiens, une famille qui fit l'Europe. París: Hachette (reimpr. 1997). ISBN 2-0127-8851-3. (Ler en liña).
- Settipani, Christian (1993): La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire généalogique de l'auguste maison de France, vol. 1). Villeneuve-d'Ascq: Éd. Patrick van Kerrebrouck. ISBN 978-2-9501-5093-6.
- Volkmann, Jean-Charles (199): Bien connaître les généalogies des rois de France. Éditions Gisserot. ISBN 978-2-8774-7208-1.
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Foundation for Medieval Genealogy: 2. Grimoald (en inglés).