Gregorio VI de Cilicia

Catolicós de Cilicia

Gregorio VI de Cilicia, (en armenio, Գրիգոր Զ. Ապիրատ) tamén coñecido como Gregorio VI Apirat ou Gregorio VI Apiratsi, finado en 1203, foi o catolicós da Igrexa católica armenia de 1194 a 1203 e, en 1198, proclamou a "unión" entre esta e maila igrexa romana.

Infotaula de personaGregorio VI de Cilicia
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte1203 Editar o valor em Wikidata
Catholicos de Todos os Armênios (pt) Traducir
1194 – 1203 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónministro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Familia editar

Como moitos dos seus antecesores no cargo, o bispo Gregorio Apirat pertencía á familia principesca Pahlavouni. Era fillo do príncipe Shahan, o último irmán do príncipe Basilio o Vello e, polo tanto, tamén sobriño do Catolicós Gregorio III Pahlavouni e de Nerses IV o Gracioso.[1]

Conflito relixioso editar

En 1193, xa fora candidato ao patriarcado da igrexa armenia mais, como estaba preto do patriarca Gregorio IV Tekha e, tamén. era partidario da cooperación coas igrexas latina e grega. Porén, no seu lugar foi elixido o nacionalista Gregorio V Karavege como Gregorio V de Cilicia (1193-1194). Mais este, aos poucos, foi destituído polo príncipe León II (o futuro rei León I) que precisaba dunha alianza con Roma, motivo polo que depuxera ao predecesor de Gregorio, Gregorio V de Cilicia (1193-1194), que se mostrara contrario aos seus fins políticos e relixiosos. A seguir, foi nomeado Gregorio Apirat como Gregorio VI de Cilicia.

Gregorio VI axudado por Narses de Lampron (1153-1198), arcebispo de Tarso, convocou un concilio na mesma localidade (1196) onde a igrexa armenia aceptou as doutrinas esenciais do Concilio de Calcedonia e achegouse ao Papa do que practicamente recoñecía a supremacía. Este achegamento da igrexa armenia a Roma implicou que León recibise a coroa real que lle presentou o legado papal Conrado I de Wittelsbach, arcebispo de Maguncia, e máis tamén o recoñecemento, por parte do Papa e do emperador, como rei lexítimo de Armenia. O papa Inocencio III envioulle, igulamente, o palio a Gregorio e unciu a León como rei o 6 de xaneiro de 1199.[2]

En realidade, as concesións realziadas pola igrexa armenia tan só tiñasn relevancia política pois nunca pensara realmente en abandonar as súas crenzas e non se produciu a conversión do clero menor nin dos súbditos do reino, hostís á doutrina da dobre natureza de Cristo. Todo isto provocou disturbios como nos que Narses de Lampron foi tomado por un grupo de cregos contrarios ás súas ideas de achegamento e obrigado a xustificarse perante o rei. A oposición relixiosa ameazou cun cisma e achegouse ao antipatriarca de Althamar, Barsel II de Ani (1195-1206), na Grande Armenia. Tampouco atopou cooperación romana de Oriente, e unha embaixada dirixida por Narses de Lampron a Constantinopla en 1196 non tivo éxito.

Morte editar

Gregorio morreu o 4 de marzo de 1203 e foi sucedido por Xoán VI o Magnífico.

Notas editar

  1. Toumanoff (1999), p. 276
  2. Grousset 1949, p. 412

Véxase tamén editar

Bibliografía editar