Gregorio Javier Monreal Zia, nado en Etayo, 1942 é un político e xurista vasco de ideoloxía nacionalista vasca.

Infotaula de personaGregorio Monreal

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1942 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Etayo, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Q50604079 Traducir
1981 – 1985 – Emilio Barberá Gillem (en) Traducir →
Senador de España
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979
Circunscrición electoral: Gipuzkoa (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Donostia
Pamplona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor universitario , xurista , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade do País Vasco
Universidade Pública de Navarra Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuskal Sozialistak Elkartzeko Indarra Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Inguma: gregorio-monreal-zia Dialnet: 130631

Biografía editar

Actividade académica e profesional editar

Licenciado en Dereito e Diplomado en Economía pola Universidade de Deusto (1966) e Doutor en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid (1973), é catedrático de Historia do Dereito na Universidade do País Vasco (1978-1995) e, dende 1995, catedrático de Historia do Dereito na Universidade Pública de Navarra. Foi profesor convidado na Universidade de California en Berkeley e na Universidade París XII, actualmente Université Paris-Est Créteil Val-de-Marne.

É membro de Jakiunde (Academia das Ciencias, das Artes e das Letras) e membro de número da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País, da Société d'Histoire du Droit e da Association Française des Historiens des Idées Politiques. É tamén membro do consello de redacción do Anuario de Historia do Dereito Español e dirixe na actualidade (2013) a revista de Historia do Dereito Iura Vasconiae.

Tamén foi vicerreitor do campus de Biscaia da Universidade do País Vasco (1979-80), reitor da Universidade do País Vasco entre 1981 e 1985, presidente da Sociedade de Estudos Vascos entre 1991 e 1996, director da Revista Internacional de Estudos Vascos (RIEV) entre 1997 e 2005 e director científico da Fundación para o estudo do Dereito histórico e autonómico de Vasconia[1] entre 2003 e 2010. Foi o primeiro nomeado para ocupar a cátedra William Douglass da Universidade de Reno (Nevada) en 2005-2006.

Actividade política editar

En 1976 foi un dos fundadores do partido nacionalista vasco de esquerdas Euskal Sozialistak Elkartzeko Indarra (ESEI) (Forza para a Unidade dos Socialistas Vascos). ESEI integrouse na Fronte Autonómica ás eleccións xerais de 1977. Monreal, candidato da coalición ao Senado por Guipúscoa, obtivo acta de senador. Como parlamentario dunha das circunscricións vascas participou nos relatorios que redactaron o Estatuto de Guernica en 1979. Foi viceconselleiro de Universidades e Investigación do Goberno Vasco en 1991.[2]

Notas editar

  1. A
  2. "DECRETO 101/1991, de 26 de febrero, por el que se nombra al Viceconsejero de Universidades e Investigación." (46). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2014. Consultado o 25 de agosto de 2018.