O gouren ou loita bretoa (en bretón: Gouren breizhek) é un deporte individual practicado entre dous loitadores. Practícase na Bretaña, mais tamén en Cornualles, en Escocia e mesmo en Nova Orleáns, no sur dos Estados Unidos.[1].

Logo do gouren.
Combate entre 2 loitadores nun torneo en Guingamp.

Existe na Bretaña unha federación de gouren que depende da Federación Francesa de Loita.

A loita bretoa ou gouren, é unha loita de pé. Ademais, se un dos loitadores toca o chan con calquera outra parte do corpo que non sexa os pés, a loita detense, os loitadores érguense de novo e retoman a loita.

A vitoria, ou lamm, proclámase cando un loitador consegue derrubar o seu opoñente nas costas, co chan en contacto cos dous ombreiros.

GaleríaEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar