Gore Vidal

escritor estadounidense

Eugene Luther Gore Vidal, máis coñecido como Gore Vidal, nado en West Point (Nova York) o 3 de outubro de 1925 e finado nos Ánxeles o 31 de xullo de 2012,[1][2] foi un escritor, ensaísta, militar, guionista e periodista estadounidense, candidato ao Premio Nobel de Literatura.

Gore Vidal
AlcumeEdgar Box
Nacemento3 de outubro de 1925
Lugar de nacementoWest Point
Falecemento31 de xullo de 2012
Lugar de falecementoHollywood Hills
Causapneumonía
SoterradoRock Creek Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Alma máterPhillips Exeter Academy, Sidwell Friends School e St. Albans School
Ocupacióndramaturgo, actor, guionista, novelista, ensaísta, escritor, crítico literario, escritor de non ficción, escritor de ciencia ficción, político, xornalista, prosista, xornalista de opinión e autor
PaiEugene Luther Vidal
NaiNina S. Gore
CónxuxeHoward Austen
Coñecido porMyra Breckinridge
PremiosNational Book Award, Prémio Edgar, cabaleiro da orde das Artes e as Letras e National Book Award for Nonfiction
Na rede
IMDB: nm0000683 Allocine: 15351 Allmovie: p115406 TV.com: people/gore-vidal IBDB: 5936
Discogs: 752611 WikiTree: Vidal-196 Find a Grave: 11837 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Durante gran parte dos últimos anos do século XX, Vidal dividiu o seu tempo entre Ravello (Italia, na Costa Amalfitana), e Os Ánxeles. En 2003, vendeu a súa casa de Ravello para pasar a maior parte do seu tempo nos Ánxeles. En novembro de 2003, morreu o seu compañeiro de moitos anos, Howard Austen. Foron, a súa homosexualidade, así como as súas ideas políticas progresistas, as causas principais da animadversión que xerou nas distintas administracións estadounidenses, sendo obxectivo marcado desde a época do McCarthismo.

Gore Vidal foi socio honorario da Sociedade Nacional Laica.

Gore Vidal, fotografado por Carl Van Vechten, 1948.

Traxectoria editar

Fillo de Eugene Vidal e Nina Gore, considerados membros da chamada aristocracia dos Estados Unidos, e vinculados ao Partido Demócrata, naceu na famosa Academia Militar dos Estados Unidos (West Point), onde seu pai era instrutor aeronáutico. Posteriormente, Vidal adoptou como nome propio o apelido do seu avó materno, Thomas P. Gore, quen fora senador demócrata por Oklahoma.

De neno levárono a Washington, D.C., onde estudou no colexio St. Albans. Seu avó Gore estaba por entón cego, e o mozo Vidal líalle en voz alta, ademais de exercer frecuentemente como guía seu, o que lle deu acceso aos corrillos do poder (algo pouco usual para un rapaz). O non-intervencionismo do senador Gore foi desde aquela unha das bases fundamentais da filosofía política de Vidal, quen sempre foi crítico co que el percibiu como «imperialismo estadounidense».

Tras a súa graduación na Phillips Exeter Academy, Gore alistouse na reserva do Exército dos Estados Unidos en 1943.

Obras editar

Ensaio e non ficción editar

  • Rocking the Boat (1963)
  • Reflections Upon a Sinking Ship (1969)
  • Sex, Death and Money (1969)
  • Homage to Daniel Shays (1973)
  • Matters of Fact and of Fiction (1977)
  • The Second American Revolution (1982)
  • Armageddon? (1987)
  • At Home (1988)
  • A View From The Diner's Club (1991)
  • Screening History (1992)
  • Decline and Fall of the American Empire (1992)
  • United States: essays 1952–1992 (1993)
  • Virgin Islands (1997)
  • The American Presidency (1998)
  • Sexually Speaking: Collected Sex Writings (1999)
  • The Last Empire: essays 1992–2000 (2001)
  • Perpetual War for Perpetual Peace or How We Came To Be So Hated (2002)
  • Dreaming War: Blood for Oil and the Cheney-Bush Junta (2002)
  • Inventing a Nation: Washington, Adams, Jefferson (2003)
  • Imperial America: Reflections on the United States of Amnesia (2004)
  • Point to Point Navigation: A Memoir (2006)
  • The Selected Essays of Gore Vidal (2008)
  • Gore Vidal: Snapshots in History's Glare (2009)

Teatro editar

  • Visit to a Small Planet (1957)
  • The Best Man (1960)
  • On the March to the Sea (1960-1961, 2004)
  • Romulus (1962)
  • Weekend (1968)
  • Drawing Room Comedy (1970)
  • An evening with Richard Nixon (1970)

Novela editar

  • Williwaw (1946)
  • In a Yellow Wood (1947)
  • The City and the Pillar (1948)
  • The Season of Comfort (1949)
  • A Search for the King (1950)
  • Dark Green, Bright Red (1950)
  • The Judgment of Paris (1952)
  • Messiah (1954)
  • A Thirsty Evil (1956)
  • Julian (1964)
  • Washington, D.C. (1967)
  • Myra Breckinridge (1968)
  • Two Sisters (1970)
  • Burr (1973)
  • Myron (1974)
  • 1876 (1976)
  • Kalki (1978)
  • Creation (1981)
  • Duluth (1983)
  • Lincoln (1984)
  • Empire (1987)
  • Hollywood (1990)
  • Live from Golgotha: The Gospel according to Gore Vidal (1992)
  • The Smithsonian Institution (1998)
  • The Golden Age (2000)
  • Clouds and Eclipses: The Collected Short Stories (2006) (relatos curtos, cos mesmos que A Thirsty Evil (1956), pero cun conto antes non publicado, Clouds and Eclipses)

Obra baixo pseudónimo editar

  • A Star's Progress (tamén coñecida como Cry Shame!) (1950) como Katherine Everard
  • Thieves Fall Out (1953) como Cameron Kay
  • Muerte en la noche (1953) como Edgar Box. Edhasa, 1986. ISBN 84-350-4002-X
  • Muerte en la quinta posición (1954) como Edgar Box. Edhasa, 1986. ISBN 84-350-4000-3
  • Death Likes It Hot (1954) como Edgar Box

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar