Gordon Hayward

baloncestista estadounidense

Gordon Daniel Hayward[1], nado en Indianapolis (Indiana) o 23 de marzo de 1990, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Charlotte Hornets da National Basketball Association (NBA). Xogou para a Universidade de Butler en Indianapolis dúas tempadas antes de irse á NBA. Hayward salientou na súa tempada coma sophomore (segundo ano), liderando aos Butler Bulldogs a un gran remate do torneo da NCAA de 2010.[2] Foi elixido polos Utah Jazz na 9ª posición do Draft da NBA de 2010.

Gordon Hayward
Charlotte Hornets – No. 20
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 23 de marzo de 1990 (34 anos)
Indianapolis, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Instituto Brownsburg (Brownsburg, Indiana)
Universidade Butler (2008–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 9
Por Utah Jazz
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Utah Jazz (2010–2017)
Boston Celtics (2017–2020)
Charlotte Hornets (2017–presente)

Traxectoria

editar

Hayward xogou en 72 partidos na súa tempada coma rookie en Utah, acadando 5,4 puntos por partido e unha porcentaxe do 47% en triplas. No comezo da tempada, xogou pouco para os Jazz, pero foi gañando minutos a medida que avanzaba a tempada, e respondeu cun gran xogo nos últimos partidos. Fixo un gran partido contra os Los Angeles Lakers o 5 de abril, xogando mellor que Kobe Bryant nese partido, e facendo grandes xogadas nos derradeiros minutos para axudar á vitoria dos Jazz por 86-85.[3] Hayward rematou con 22 puntos, 6 rebotes e 5 asistencias, e a súa defensa fixo que Bryant tivera unha actuación horrible, con 7 perdas de balón, e tan só 6 de 18 de tiros de campo. Hayward rematou a tempada coa mellor marca da súa carreira, 34 puntos, na vitoria por 107-103 contra os Denver Nuggets.[4]

  1. Anderson, Kelli (31 de maio de 2010). "The Education of Gordon Hayward". Sports Illustrated. p. 1. Consultado o 2 de xuño de 2010. 
  2. Associated Press (7 de maio de 2010). "Butler readies for life without Hayward". ESPN.com. Consultado o 10 de maio de 2010. 
  3. "Utah Jazz stun Lakers 86-85 behind 22 from Gordon Hayward". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 06 de xuño de 2011. 
  4. Denver Nuggets vs. Utah Jazz - Box Score - April 13, 2011

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar