Abrir o menú principal

Gordon Banks, nado en Sheffield, o 30 de decembro de 1937 e finado en Stoke-on-Trent, Midlands do Oeste, o 12 de febreiro de 2019,[1] foi un futbolista inglés.

Gordon Banks
Gordon Banks 2007.jpg
Información persoal
Nacemento 30 de decembro de 1937
  Sheffield
Falecemento 12 de febreiro de 2019
  Stoke-on-Trent
Nacionalidade Reino Unido
Altura 183 centímetros
Posición gardameta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Está considerado un dos mellores porteiros da historia. Xogou coa selección inglesa 72 veces e foi un dos piares do equipo que gañou o Mundial de Fútbol en 1966 [2]. En Inglaterra era coñecido como "Banks of England" debido á súa habilidade. En inglés é un xogo de palabras con "Bank of England" (Banco de Inglaterra).

Xogou nos seguintes clubs:

Foi galardoado coa OBE no ano 1972. Ese mesmo ano perdeu a visión nun ollo a consecuencia dun accidente de tráfico.

Moita xente atribúe a Gordon Banks a mellor parada de tódolos tempos. Foi no Mundial de 1970, contra o Brasil, cando rexeitou un maxistral testarazo de Pelé axustado ó pau amosando unha axilidade abraiante que foi recoñecida polo propio Pelé [3].

NotasEditar

  1. "Morre Gordon Banks, o porteiro que lle fixo a 'parada do século' a Pelé". Galiciaé. 13 de maio de 2019. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  2. Richard WitzigThe Global Art of Soccer, CusiBoy Publishing, 2006, ISBN 0-9776688-0-0, páxina 135
  3. Ian Grierson The Eye Book Liverpool University Press, 2000, ISBN 0-85323-755-7, páxina 132