Gonzalo Vázquez Pereira
Gonzalo Vázquez Pereira, nado en Vilaboa en 1983, é un profesor, escritor e tradutor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1983 ![]() Vilaboa, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, escritor, tradutor ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarDespois de estudar COU no IES Sánchez Cantón, licenciouse en Filoloxía galega pola Universidade de Vigo e fixo un mestrado en literatura comparada na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi deseñador de moda.[1] Foi profesor na École Jeannine-Manuel, na Universidade da Sorbona e no Instituto Cervantes de París. Tamén deu clases no Polytech e a Escola de Negocios de París. Impartiu docencia no sistema francés, o británico, o español e o bacharelato internacional. Foi profesor convidado en universidades de Italia, Portugal, Croacia, Brasil e os Estados Unidos onde impartiu palestras e obradoiros.[2] [3]
Foi director en tres ocasións do Festival de Literaturas Hispanoamericanas de París.[2]
En 2024 sacou a nota máis alta nas oposicións de educación en Galicia, un 8,98 en Lingua Galega e Literatura de secundaria.[4]
Obras
editar- A cidade na poesía galega do século XXI. Antoloxía, Editorial Toxosoutos, 2011.
Traducións
editarNotas
editar- ↑ Preséntase o proxecto GV, do deseñador Gonzalo Vázquez
- ↑ 2,0 2,1 Pontevedra, Diario de (2024-08-23). "Gonzalo Vázquez, de Vilaboa, logra la nota más alta de las oposiciones de profesorado". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2025-03-02.
- ↑ Villar, Carmen (2024-08-25). "“Como profesor, traballas con persoas e iso implica unha gran responsabilidade”". Faro de Vigo. Consultado o 2025-03-02.
- ↑ Castellot, Julia Escobar (2024-08-23). "Gonzalo Vázquez, mejor nota en las oposiciones de profesorado de Galicia con un 8,98". Diario de Santiago. Noticias de Santiago de Compostela y Galicia. (en castelán). Consultado o 2025-03-02.
- ↑ Unha vida violenta. Traducido por Gonzalo Vázquez (1ª ed.). Santiago de Compostela: Hugin e Munin. 2012. ISBN 978-84-939647-6-4 – vía Biblioteca da Tradución Galega.