Gonzalo Pérez Villaverde
Gonzalo Pérez Villaverde, nado en Outes o 24 de outubro de 1934, é un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1934 (90 anos) Outes, España |
Alcalde de Outes | |
1973 – 1995 – Carlos López Crespo → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Traxectoria
editarMestre. Foi nomeado alcalde de Outes en 1973. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de UCD á alcaldía de Outes, que tivo once escanos, os Independentes tiveron cinco e o PSOE só un, e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura da Coalición Popular, obtivo trece concelleiros e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1987 acudiu ás eleccións de novo por Coalición Popular, conseguiu doce concelleiros e volveu ser elixido alcalde. Nas municipais de 1991 foi o candidato do PPdeG e volveu obter a maioría absoluta, agora só con nove concelleiros. Foi deputado provincial. En 1995 retirouse como candidato e foi substituído por Carlos López Crespo como cabeza de lista do PPdeG, o cal logrou a alcaldía con maioría absoluta.
Predecesor: Baldomero Puerta Henche |
Alcalde de Outes 1973 - 1995 |
Sucesor: Carlos López Crespo |