Gonzalo Gallas

científico e académico galego

Gonzalo Gallas Novás, nado en Pontevedra o 4 de outubro de 1886 e finado en Granada o 29 de xuño de 1955, foi un científico e académico galego. Foi Decano da Facultade de Ciencias da Universidade de Granada desde 1931 até a súa xubilación en 1952.

Infotaula de personaGonzalo Gallas
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1886 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xuño de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Granada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica orgánica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncientífico , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Salamanca
Universidade de Granada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAurelio Cazenave Ferrer Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación editar

Estudou no Instituto de Pontevedra, sacando sempre matrículas de honra[1], sendo amigo dos fillos de Victoriano Encinas y Reyes, que fora director da Escola Normal de Pontevedra.

Dado que quería seguir estudando nunha universidade prestixiosa, a familia Encinas Dios recomendouno ante o seu tío, Pedro Encinas y Reyes, Oficial Primeiro na Secretaría Xeral da Universidade de Salamanca. En 1902 ingresou na Facultade de Ciencias, onde volveu aprobar todo con Matrículas de Honor. Tamén acadou esta cualificación ao doutorarse en Ciencias Químicas en Madrid.

Na súa estancia en Salamanca foi bolseiro no Colexio Maior de Santiago. A Fundación Santiago Apóstol da Universidade desa cidade deulle unha bolsa en 1907 para completar os seus estudos no Instituto Pasteur de París.

Docencia editar

Logo de opositar en Madrid, acadou o posto de docente na Facultade na que estudara, onde estivo entre 1908 e 1914. En 1913 estivo en Zürich cunha bolsa, estudando durante 8 meses química orgánica (derivados cíclicos con especialidade en heterocíclicos da serie do indol), na Escola Politécnica Standinger, traballando con Jules Schmidlin. Na biblioteca central do CSIC consérvanse dúas memorias manuscritas sobre a súa estancia para o arquivo da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas[2]. En 1914 comezou a publicar, aparecendo textos seus na Journal Chemical Society. Nese mesmo ano acadou en oposición a cátedra de química orgánica da facultade de Ciencias de Granada, onde permaneceu até a súa xubilación.

Casou con Piedad Encinas González, filla máis vella de Pedro Encinas y Reyes. En 1916 nace o seu único fillo, Gonzalo Gallas Encinas, e dous anos despois Piedad morre aos 24 anos por mor da epidemia de gripe española. En 1920 morre o seu sogro en Puerto de Bejar (provincia de Salamanca), e Gallas acolle en Granada á súa sogra (María del Tránsito González Moreno) e ao seu cuñado de 13 anos Carlos Encinas González, ao que axuda para matricularse en bacharelato cos Escolapios. A presenza de parte da súa familia política axúdao na educación do seu fillo Gonzalo.

Trala morte da súa esposa retomou a súa faceta de investigador xunto co seu profesor auxiliar, Antonio Alonso Gómez. Gallas pronunciou a conferencia de apertura do curso 1918-19. As súas primeiras investigacións trataron sobre as condensacións de compostos halonitroxenados. En 1930 escribiu xunto a Alonso Gómez un extenso artigo dando conta das investigacións. Publicaron a maioría dos seus traballos en Anales, órgano da Sociedade Española de Física e Química[3]. Antes da chegada da Segunda República, Gallas presidiu a sección granadina de devadita Sociedade.

Decanato en Granada editar

En 1931 foi elixido Decano da Facultad de Ciencias da Universidade de Granada, cargo que ocupou até 1953. En varias ocasións ocupou o reitorado da universidade en ausencia do titular.

En 1950 inaugurouse o edificio da nova facultade, unido ao anterior, se ben quedou pequeno pouco tempo despois.

Notas editar

  1. "El triunfo de un pontevedrés" Arquivado 15 de novembro de 2021 en Wayback Machine., artigo en La Ilustración Gallega, Vigo. N.º 16, p. 192. (en castelán).
  2. Vergara Deltoro, J. D.: La Química Orgánica en España en el primer tercio del siglo XX. Tese Doutoral. Universidade de València, 2004. Pp. 541 e 657 (en castelán).
  3. Cano Pavón, J. M.: La Investigación Química en Granada en el Siglo Actual (1900-1975). DYNAMIS. Acta HZsp. Med. Sci. Hist. Rlus. 1996, 16, 317-367 (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ricardo Gurriarán: Ciencia e Conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Universidade de Santiago de Compostela, 2006. Páx. 163.

Ligazóns externas editar