Gonzalo Díaz Díaz

Gonzalo Díaz Díaz, nado en Albacete o 16 de maio de 1931[1] é un filósofo español, investigador científico do Consello Superior de Investigacións Científicas.[2]

Infotaula de personaGonzalo Díaz Díaz
Biografía
Nacemento16 de maio de 1931 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Albacete, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Murcia
Universidade de Friburgo, Suíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónautor , historiador da filosofía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Traxectoria editar

Quedou cego en 1939.[1] Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Murcia,[3] para doutorarse máis tarde na Universidade de Friburgo de Brisgovia, cunha tese titulada Begriff und Problem der Situation. Eine Untersuchung im Rahmen des Jaspers’schen Denkes.[4]

É autor dos sete volumes de Hombres y Documentos de la Filosofía Española (Consello Superior de Investigacións Científicas, 1980-2003).[5][6][7] Neles reúne unha serie de entradas biográficas dos principais filósofos da historia de España —incluíndose nesta os territorios pertencentes aos vicerreinados americanos e aqueles filósofos oriúndos da Península Ibérica antes da independencia de Portugal— xunto cun apartado relativo as súas obras e publicacións.[5] En 1992 concedéuselle o Premio Humboldt de Investigación.[8] Tamén foi autor de Bibliografía filosófica hispánica (1901-1970) (CSIC, 1982), canda Ceferino Santos Escudero.[9]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar