Gonzalo Crettaz
Gonzalo Alejandro Crettaz Ortega, nado en Buenos Aires o 28 de febreiro de 2000, é un futbolista arxentino que xoga como porteiro no Castellón da Primeira División RFEF.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de febreiro de 2000 (24 anos) Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNacido en Buenos Aires, formouse como futbolista en España, nas canteiras do Levante e do Málaga. O 25 de agosto de 2019 debutou co Atlético Malagueño na Terceira División nun partido contra o Alhaurín de la Torre.[1]
O 16 de novembro de 2019, a baixa de Munir no primeiro equipo propiciou o seu debut na Segunda División, nunha derrota por 0-1 ante o Alcorcón.[2] Para a tempada 2021/22 saíu cedido ao Badajoz, da Primeira División RFEF.[3]
En 2022 desvencellouse do Málaga e fichou pola UD Logroñés, onde xogou durante unha campaña. No verán de 2023 fichou polo Castellón, tamén da Primeira División RFEF.[4] Titular no equipo orellut durante case toda a tempada, proclamouse campión do Grupo 2, conseguindo así o ascenso á Segunda División.
Palmarés
editar- Castellón
Notas
editar- ↑ "Gonzalo Crettaz será el portero Sub-23 del CD Badajoz esta temporada" (en castelán). 17 de agosto de 2021. Consultado o 31 de maio de 2024.
- ↑ Jiménez, Álex (17 de novembro de 2019). "El Alcorcón sufre para derrotar al Málaga y seguir sonriendo en Santo Domingo". Marca (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2024.
- ↑ "Gonzalo loaned out to CD Badajoz" (en inglés). 17 de agosto de 2021. Consultado o 31 de maio de 2024.
- ↑ "Gonzalo Crettaz, nuevo jugador del CD Castellón" (en castelán). 17 de xullo de 2023. Consultado o 31 de maio de 2024.