Francisco González Amadiós
economista e político galego
(Redirixido desde "González Amadiós")
Francisco González Amadiós, Panchulo, nado en Vigo o 26 de xullo de 1924 e falecido na mesma cidade o 6 de abril de 1997, foi un economista e político galego.
Francisco González Amadiós | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1924 |
Vigo | |
Falecemento | 6 de abril de 1997 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | economista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Francisco González (homónimos).
TraxectoriaEditar
Fillo de Francisco González Garra. Licenciado en Ciencias Económicas. Foi un dos dirixentes do Movemento Socialista de Galicia, que en 1975 se integrou no Partido Socialista Galego. Foi senador electo por Pontevedra polo PSdeG-PSOE nas eleccións de 1979. Elixido deputado do Parlamento galego polo PSOE nas dúas primeiras lexislaturas, foi vicepresidente do Parlamento. Posteriormente ingresou no BNG.
Vida persoalEditar
Casou con Marisa Pérez, filla de Telmo Pérez.